MEDIDAS PARA ADAPTAR A AVALIACIÓN DO ALUMNADO NEAE

Tempo e distribución da proba

  • Permitimos unha distribución flexible das probas
  • Permitimos descansos durante a proba.
  • Aumentamos o tempo permitido para completar a proba.
  • Administramos a proba en varias sesións.
  • Consideramos o momento do día no que se fai.

Contorna onde se realiza a proba

  • Proporcionamos unha iluminación especial.
  • Proporcionamos unha acústica especial.
  • Administramos a proba individualmente nun lugar separado do resto da clase.
  • Administramos a proba nun pequeno grupo nun lugar separado e tranquilo.
  • Realizamos a proba en pequeno grupo, en escritorios que impidan ver máis nada que a área de traballo.
  • Proporcionamos mobiliario especial ou adaptado.
  • Realizamos a proba nun lugar coas mínimas distraccións.
Presentación da proba
  • Escribimos a proba en Braille ou con tipos de letra grandes, se é o caso.
  • Gravamos as preguntas para que o alumno póidaas escoitar, se é o caso.
  • Aumentamos o espazo entre un ítem e outro ou reducimos o número de items por páxina.
  • Consideramos o tipo de letra, tamaño e separación das letras.
  • Aumentamos o tamaño das casiñas nas que se marca a resposta.
  • Escribimos os enunciados cunha oración en cada liña.
  • Escribimos os items de maneira que as respostas que se poden elixir estean a continuación do enunciado, e as casiñas para responder, á dereita das respostas.
  • Omitimos as preguntas que non poden ser adaptadas e obtemos a puntuación a partir das demais.
  • Axudamos ao alumno cara a comprensión do enunciado.
  • Permitimos ao alumno que poida solicitar axuda do profesor.
  • A proba realízase no ordenador, que "le" as preguntas ao alumno.
  • Resaltamos as palabras ou oracións clave das instrucións.
  • Entregamos os exames escritos ao alumno, para evitar a lentitude de procedementos, como a copia ou o ditado.
Instrucións para realizar a proba
  • Recibirá as instrucións na forma de comunicación do alumno (por exemplo linguaxe de signos).
  • Lemos as instrucións ao alumnado.
  • Volvemos ler as instrucións en cada nova páxina da proba.
  • Simplificamos a linguaxe das instrucións ou as formulacións.
  • Subliñamos os verbos das instrucións para destacalos.
  • Damos explicacións sobre as instrucións.
  • Proporcionamos pautas sobre a forma de responder.
  • Lembrámoslle que repase as súas respostas antes de entregalas.
  • Aconsellámoslle o uso de marcadores de tempo (cronómetros ou recordatorios), para conseguir unha adaptación ás súas dificultades da xestión do tempo.
  • Asegurámosnos de que ten todo o material necesario para realizar a proba de avaliación.
  • Comprobamos que respondeu a todas as preguntas.

Aparellos e instrumentos de axuda para a presentación da próba
  • Ferramentas de aumento (lupas, etc.).
  • Plantillas que reduzan a cantidade de texto que ve o alumno.
  • Aparellos de axuda auditiva, amplificadores, ou reductores de ruído.
  • Administración con axuda dun reprodutor de son.
  • Suxeción dos papeis na área de traballo con imáns ou cinta adhesiva.
  • Lectura en voz alta das preguntas ao alumno.
  • Plantillas ou marcas para delimitar a área de traballo ou de resposta.
  • Tradución das preguntas a linguaxe de signos.
  • Uso de papel pautado (liñas, cuadrículas).
  • Uso dun corrector para coller ben o bolígrafo.
  • A proba é lida por un ordenador.
Forma de resposta da proba
  • Aumentamos o espazo dispoñible.
  • Espazo entre liñas ou marxes máis anchas.
  • Uso de papel pautado.
  • Forma de resposta alternativa (Braille, procesador de textos........).
  • Permitimos ao alumnado marcar as respostas no caderniño coas preguntas en lugar da folla de respostas.
  • Un profesional transcribe as respostas para a posterior corrección do profesor.

Aparellos e instrumentos de axuda para a resposta
  • Procesador de textos.
  • O alumno grava as respostas para a súa posterior transcrición.
  • Calculadora ou táboas aritméticas.
  • Dicionario ou corrector ortográfico.
  • Forma de resposta alternativa: oral, signada, mecanografiada, sinalando......
  • Aparellos de escritura Braille.
  • Lapis de anchura especial ou con corrector para o seu suxeción.
  • Axuda para transcribir información do borrador á folla de resposta.
  • Atril ou mesa atril.
  • Ábaco.
  • Exemplos adicionais de resposta.

POSIBLES MODIFICACIÓNS DE DIFERENTES ASPECTOS DA AVALIACIÓN EN FUNCIÓN DAS NECESIDADES.

AVALIACIÓN DE ALUMNADO CON DISCAPACIDADE MOTORA.
  • Coordinamos o calendario dos exames, para evitar o sobreesforzo destes alumnos á hora da súa preparación e realización.
  •  Permitimos descansos durante a proba.
  • Aumentamos o tempo permitido para completar a proba.
  • Entregamos os exames escritos ao alumno, para evitar a lentitude de procedementos, como a copia ou o ditado.
  • Administramos a proba en varias sesións.
  • Consideramos o momento do día no que facemos a proba.
  • Proporcionamos mobiliario especial ou adaptado.
  • Aumentamos o espazo entre un ítem e outro ou reducimos o número de items por páxina.
  • Omitimos as preguntas que non poden ser adaptadas e obtemos a puntuación a partir das demais.
  • A proba podemos realizala no ordenador que lle "le" as preguntas ao alumno.
  • Proporcionamos pautas sobre a forma de responder.
  • Suxeción dos papeis na área de traballo con imáns ou cinta adhesiva.
  • Uso dun corrector para coller ben o bolígrafo.
  • Aumentamos o espazo dispoñible.
  • Uso de Procesador de textos.
  • O alumno grava as respostas para a súa posterior transcrición.
  • Forma de resposta alternativa: oral, signada, mecanografiada, sinalando....

AVALIACIÓN DE ALUMNADO CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL
  • Permitimos descansos durante a proba.
  • Administramos a proba en varias sesións.
  • Aumentamos o tempo permitido para completar a proba.
  • Aumentamos o espazo entre un ítem e outro ou reducimos o número de items por páxina.
  • Aumentamos o tamaño das casiñas nas que se marca a resposta.
  • Axudamos ao alumno para comprender o enunciado.
  • Resaltamos as palabras ou oracións clave das instrucións.
  • Simplificamos a linguaxe das instrucións ou as formulacións.
  • Subliñamos os verbos das instrucións para destacalos.
  • Damos explicacións sobre as instrucións.
  • Proporcionamos pautas sobre a forma de responder.
  • Plantiñas ou marcas para delimitar a área de traballo ou de resposta.
  • Uso de papel pautado (liñas, cuadrículas).
  • Permitir ao alumno marcar as respostas no caderniño coas preguntas en lugar de na folla de respostas.
  • Calculadora ou táboas aritméticas.
  • Dicionario ou corrector ortográfico.
  • Exemplos adicionais de resposta.
  • Coordinar o calendario dos exames, para evitar o sobreesfuerzo destes alumnos á hora da súa preparación e realización.

AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON TRASTORNO DA LINGUAXE
  • Aumentamos o tempo permitido para completar a proba.
  • Consideramos o tipo de letra, tamaño e separación das letras.
  • Aumentamos o espazo entre un ítem e outro ou reducimos o número de items por páxina.
  • Axudamos ao alumnado para comprender o enunciado.
  • Simplificamos a linguaxe das instrucións ou as formulacións.
  • Subliñamos os verbos das instrucións para destacalos.
  • Lemos as instrucións aos alumnos.
  • Damos explicacións sobre as instrucións.
  • Proporcionamos pautas sobre a forma de responder.
  • Lectura en voz alta das preguntas ao alumnado.
  • Espazo entre liñas ou marxes máis anchas.
  • O alumno grava as respostas para a súa posterior transcrición.
  • Dicionario ou corrector ortográfico.
  • FONTE: Orientación en Galicia

Ningún comentario:

Publicar un comentario