ADAPTACIÓN DO TECLADO NA DISCAPACIDADE MOTORA. TIC

Para mellorar o alcance das teclas


Atril en posición inclinada e mesmo vertical.Facilita a pulsación das teclas polo tipo de movemento que se precisa.

Apoio de bonecas fixo para teclado.
   
Apoio de boneca/antebrazo móvil para teclado.

Axudas para corrixir ou manter a posición funcional da boneca.


Consiste nunha pequena férula caseira de tecido elástico que a modo de luva colócase na man do alumno/a cunha escisión ou abertura á altura do dedo que vai utilizar para teclear.
Axuda a que o resto dos dedos non interfiran co dedo funcional para teclear, á vez que adestra e afai na independización do dedo para teclear ou sinalar.


Carcasa

Lámina xeralmente de metacrilato que se coloca enriba do teclado mediante velcros. En cada tecla hai unha abertura para que o alumno introduza o dedo para activar a tecla desexada. A man pódese mover libremente polo teclado sen que se produzan pulsacións non desexadas.

Redistribución das teclas


Cando non se accede facilmente a todo o teclado, podemos redistribuír as teclas do teclado de forma que as de máis uso queden na zona de mellor alcance do teclado. Esta redistribución conséguese mediante unha pequena aplicación de software que podemos atopar de forma gratuíta. Son algún exemplo dela MapKeyboard ou Keytweak(Windows).

Para Facilitar a escritura

Bloqueador de tecla

Cando o alumno/a non pode usar dous dedos de forma simultánea para teclear algunhas das funcións do teclado: Ctrl- tecla, Alt-tecla, Shift-tecla. Este bloqueador permitirá realizar estas funcións mediante unha pulsación secuenciada das dúas teclas. A configuración deste bloqueador de tecla en Windows atópase nas propiedades do teclado do cartafol de accesibilidade e chámase StickyKeys.

No apartado de Configuración podemos:

Programación do efecto repetición


Ás veces o alumnado produce repeticións de caracteres por manter pulsada a tecla máis tempo do habitual debido á súa dificultade motora.

Se queremos configurar a repetición de caracteres cando mantemos pulsada unha tecla podémolo facer no mesmo cartafol de accesibilidade de teclado, e, configurando  FilterKeys. 

As opcións son:


Programar o tempo de rexeitamento das pulsacións repetitivas:
  • Da primeira repetición
  • Das sucesivas

Programar o tempo de permanencia na tecla para activala
En Max Linux as opcións de adaptacións do teclado atópanse no apartado de Preferencias do Teclado onde se pode configurar:

No apartado "XERAL":
  • Repetición de Teclas
  • Parpadeo do cursor

No apartado "ACCESIBILIDADE":

  • Teclas persistentes ( opción de bloqueador de teclas)
  • Teclas lentas ( velocidade de pulsación)
  • Rexeitamento de teclas ( rexeitar pulsacións non desexadas)

FONTE: intef (Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado)

Ningún comentario:

Publicar un comentario