LECTURAS: LOS LATIDOS DE YAGO. PC.

Os latexados de Yago é un conto no que a súa autora, Conchita Miranda trata de explicar aos seus fillos como comunicarse co seu irmán afectado por parálise cerebral. Yago é o segundo de catro fillos e ten parálise cerebral. Para ensinar aos seus irmáns como comunicarse con el, a súa nai, vicepresidenta da Fundación Como unha seda, escribiu un conto no que narra a amizade entre un neno con este problema e unha pequena caracola. 


A idea é dar a coñecer a parálise cerebral. Canto máis información máis respecto (sempre) Coa recadación que se obteña pola venda do conto, esta fundación seguirá axudando ás familias con afectados por este problema para comprar cadeiras de rodas ou a adaptar mobiliario para que poidan usalo as persoas con parálise cerebral. (Fonte: O Recuncho de Yolanda).

Desde este enlace pódense coñecer as primeiras páxinas do conto.


4 A 10 ANOS
FONTE:Boolino e Cuentos de luz

Ningún comentario:

Publicar un comentario