Os contos contemporáneos deixan de carón os personaxes de dragóns e princesas para preocuparse por temas e problemáticas actuais, por exemplo o consumo de alcol e tabaco. Na actualidade o consumo de tabaco en España descendeu, pero os mozos que o fan empezan antes ,e os botellóns xa non son unha moda, son un costume de cada fin de semana.
A serie de debuxos "Contos para conversar" tenta ensinar de forma lúdica e flexible os prexuízos do consumo de tabaco e alcol, e do uso racional dos medicamentos.
Son 5 os protagonistas desta serie que, a través de historias, situacións, valores e actitudes relacionados coa calidade de vida, ensinan a vivir con saúde e responsabilidade, a adquirir unha imaxe positiva dun mesmo, e a favorecer as relacións dos nenos coa súa contorna.
FONTE: educación 2.0
Ningún comentario:
Publicar un comentario