Trastorno do espectro alcólico fetal é unha serie de afeccións que unha persoa pode ter se a súa nai bebeu alcol mentras estivo preñada. Abarcando discapacidades tanto físicas como intelectuales, así como problemas de problemas de conduta e aprendizaxe. Con frecuencia atópanse varios destes problemas á vez. Parece ser que constitúen unha causa principal de discapacidade intelectual e de defectos conxénitos.
- Síndrome alcólico fetal: Este síndrome representa o extremo grave dos trastornos do espectro alcólico fetal. A morte fetal é o resultado máis grave de beber alcol perante a preñez. Os bebés con síndrome alcólico fetal poden ter características faciais anormais, problemas de crecemento e do Sistema Nervioso Central. Tamén poden ter problemas de aprendizaxe, memoria, atención, comunicación, vista e audición. É posible que teñan unha mezcla ou algúns destes problemas. Os nenos con este síndrome suelen ter problemas de relación cos compañeiros por dificultades coas compeciencias sociais.
- Trastornos do neurodesenvolvemento relacionados co alcol. Estas persoas poden ter discapacidades intelectuais e problemas de conduta e de aprendizaxe. Tamén é posible que teñan dificultades coas matemáticas, a memoria, a atención e escaso control dos seus impulsos, entre outras.
- Defectos de nacemento relacionados con alcol: as persoas con defectos de nacemento relacionados co alcol poden ter problemas do corazón, riles, ósos e audición. É posible que teñan unha combinación destos problemas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario