LECTURAS: ANIZETO CALZETA E A SÚA AXUDANTE "RODAS" (DM)

A Guillermo Fesser coñecerédelo todos polo seu humor e diversión en Gomaespuma pero non sabemos se xa coñecedes esta divertida faceta súa como escritor de novela infantil, Por iso queremos presentarvos esta colección.  


Recomendámosvos ao personaxe que creou, Anizeto Calzeta, un detective bastante calamidade e particular. Usa peluquín (era un segredo) e por amor é capaz de zamparse ata a comida dos gatos. Iso si, sabe unha chea de trucos de maxia superchulos que sempre comparte cos demais. Sabe moitas máis cousas como a receita da plastilina, a do cheiro de choiva.....


Pero Anizeto Calzeta, como todo detective -o máis barato do mundo-, ten unha acompañante que lle axudará en todos os seus casos de investigación. Rodas, é unha nena moi intelixente que se manexa cos computadores tan ben como coa súa cadeira de rodas. Ela creará a súa páxina web e axudarao en todos os misterios aos que se enfronten. , aquí será un caso dunhas pantasmas misteriosas.




A coleción de Anizeto Calzeta é moito máis que un libro, ideal para gozalo durante unhas vacacións de verán, 

Neste segundo caso de Anizeto Calzeta, o detective máis barato do mundo, e a súa moza axudante Rodas terá que investigar. Gozaredes tamén coas ocorrencias de Gonzalito Peripuesto, amigo de Rodas.
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario