POSIBILIDADES DE ACCESO AO ORDENADOR. APOIOS TÉCNICOS

* Como alternativa aos aspectos instrumentais: escrita, 
debuxo, matemáticas…….

* Como axuda nas tarefas escolares 


ADAPTACIÓNS PARA ACCEDER AOS DISPOSITIVOS ESTÁNDARES


  • Carcasa para o teclado, de metacrilato

  • Emuladores de rato
 con Joystick 
 Trackball
 Big Track

FONTE: TIC y discapacidad motora

O CONTROL DO ORDENADOR A TRAVÉS DA MIRADA: Tobii

No caso de persoas con discapacidade motora pode ocorrer que teñan dificultades ou imposibilidade para manexar un rato e/ou un teclado. Para eses casos desenvolveuse este recurso, que permite o control total do ordenador polo movemento dos ollos.
Este equipo substitúe ao rato nas aplicacións para Windows.
Permite ao usuario colocar o punteiro do rato en calquera lugar da pantalla do ordenador simplemente mirando a ese punto. 
Realízase a pulsación dos botóns do rato parpadeando, ou ben, mantendo o punteiro no lugar desexado durante un tempo predeterminado.
En combinación cun teclado na pantalla permite ao usuario comunicarse por texto ou voz. Varias opcións para emular a pulsación dos botóns do rato proporcionan ao usuario acceso completo a todas as funcións de Windows, incluíndo pulsar, arrastrar, dobre pulsación, pulsar co botón dereito, etc.
O software está deseñado para executarse en segundo plano mentres o usuario utiliza calquera outra aplicación de Windows. 
Utilízase para escribir, navegar por Internet, correo electrónico, deseño asistido por ordenador, xogos...... 
Así pois,"Tobii PCEye" é un rato de mirada que pode ser instalado en calquera ordenador persoal con sistema operativo Windows. 


REQUISITOS FUNCIONAIS DO USUARIO: 

Para que o usuario poda utilizar este producto, require ter un bo control ocular, dispoñendo de funcións visuais con ningunha ou lixeira deficiencia 

FONTE: TecnoAccesible

ACCESIBILIDADE, NO TRANSPORTE PÚBLICO DE VIGO.


Os scooters na cidade de Vigo, xa poden subir a calquera autobús (Vitrasa) aínda que previamente terán que adiestrarse. Para conseguirlo, a concesionaria do transporte urbano dará un cursiño persoalizado a cada discapacitado. A partir de hoxe luns (20/02/2017), serán chamados pola empresa e unha vez finalizada a formación poderán utilizar os vehículos públicos con toda normalidade.
Esta solución comunicoulla o alcalde da cidade, Caballero, na mañá de onte a varias organizacións que representan aos discapacitados, principalmente a Coordinadora Galega de Minusválidos (Cogami) e Apamp, coa finalidade de que coñezan o sistema que vai a aplicar Vitrasa dacordo co departamento de Tráfico.
                                                                                                                       FONTE: La Voz de Galicia