EL SECRETO DE PABLO. ESPINA BÍFIDA. LECTURAS

El secreto de Pablo


Conta o día a día de Pablo cos compañeiros de cole e as aventuras que pasan xuntos.

O conto foi escrito por Emilio Soler, e as ilustracións son de  Álvaro Pena, autor do cómic de “Pepe Liño e os seus colegas”. 

 Este material permitirá sensibilizar sobre a Espiña  Bífida e as necesidades destes nenos e nenas, así como sobre a discapacidade física en xeral.

Esta lectura, descóbrenos o secreto de Pablo e as aventuras que vive cos seus amigos da escola: Marcelo, Anxo, Marta e Julia. Pablo ten un secreto que compartirá cos seus amigos.

Pablo naceu con Espiña  Bífida e  Hidrocefalia,  EBH, como outros nenos que teñen Espiña  Bífida, vai nunha cadeira de rodas de cores moi chulas que el mesmo elixiu. Pablo coa súa cadeira xoga ao baloncesto, á petanca e vai a todas partes. Outras nenas e nenos que naceron con  EB necesitan uns zapatos especiais e apoiarse nuns bastóns. Pablo, ademais ten moitos amigos máis nunha Asociación onde vai algunhas tardes e todos eles contarannos isto e moito máis.

Os papás de Pablo souberon despois de que naceu que a Espiña  Bífida nalgúns casos, pode previrse tomando acedo  fólico polo menos tres meses antes do embarazo. Os papás de Pablo queren dicirllo a todos os pais do mundo.

FONTE: CREENA. Autor: Emilio Soler. Ilustracións:  Álvaro Pena


Relacionados co tema neste blog podedes ler:

Los zapatos de Marta 


Pepe Lino y sus colegas





                                          

Ningún comentario:

Publicar un comentario