LECTURAS SOBRE DIVERSIDADE para INFANTIL

Copos de Nieve                                                                 Educación Infantil

Eva é unha nena moi atenta e aguda: gústalle observar aos seus compañeiros de clase, e nota que todos son diferentes e especiais á vez: hai quen sabe debuxar moi ben, quen sabe cantar, quen corre moi rápido e quen sabe facer cálculos nun  plis. Tamén hai valentes como os heroes dos contos, e outros que sempre parecen ter todas as respostas a calquera pregunta… E finalmente hai outros nenos que son realmente moi especiais, porque os seus corazóns están cheos de amor, xenerosidade e amizade. Eva é un de eles!.

Autor: Helena Kraljic, Maja Lubi; Editorial: Jaguar 

Educación Infantil

DIFERENTES. GUÍA ILUSTRADA para leer cos nenos


A vida é máxica porque sempre podes descubrir nela cousas que che sorprendan, que rompan a rutina e venzan as barreiras da discriminación, o estereotipo, a indiferenza…

Esta guía ilustrada debuxa unha realidade que non sempre é fácil, pero que con todo, enche o mundo de valor, de coraxe e fai que a vida e o noso mundo sexan un lugar mellor. Cada debuxo, cada palabra desta guía ilustrada fala de todos, das nosas diferenzas, daquelas que nos fan únicos e imprescindibles e daquelas que nos fan iguais.

                                                                                                                                        A idea deste traballo é a de profundar na escola, na familia..... no concepto de diversidade e discapacidade, e así, entre todos, podamos facer fronte ás barreiras que existen na nosa sociedade ao redor das persoas con discapacidade.

Entre todos axudaremos a que as persoas con  discapacidade melloren a súa vida e a que a diversidade debuxe cada día un mundo máxico.

Formato ONLINE

Autores: Angeles Ponce y Miguel Gallardo
Editorial: Fundación Adecco
FONTE: CREENA

Ningún comentario:

Publicar un comentario