Un cinto robótico mellora o movemento das persoas con lesión medular
Científicos da Universidade de Columbia, situada en Estados Unidos, crearon o primeiro dispositivo robótico que permite ás persoas con lesión medular sentar e poder traballar de forma máis estable. Deste xeito, este novo cinto mellora o seu control activo do tronco e poden realizar máis actividades sen caerse da cadeira.
Este é o primeiro dispositivo robótico que permite ás persoas que sofren unha lesión na súa medula espinal sentarse e realizar actividades sen caerse ou ter que utilizar os seus brazos para manter o equilibrio do seu tronco.
"Deseñamos este dispositivo para persoas con lesións medulares que adoita usar cadeiras de rodas" -resalta Sunil Agrawal-, profesora de enxeñería mecánica e de rehabilitación da Universidade de Columbia.
TruST é unha especie de correa, que se acciona por un cable motorizado que se coloca no torso do usuario, e proporciona ao seu usuario a forza necesaria no seu torso para poder manter unha postura ergueita cando a persoa necesita realizar movementos básicos da parte superior do corpo mentres está sentado.
Problema grave
As lesións da médula espinal producen danos importantes no corpo humano, que en moitos casos inclúen perder a mobilidade da parte superior do tronco.
Cada ano, só en Estados Unidos 17.000 persoas sofren este tipo de lesión, e, debido aos accidentes de tráfico e o progresivo envellecemento da poboación, o número de casos prevese que aumenten un 16% no 2020.
Este primeiro cinto robotizado xa foi probado con éxito en cinco pacientes que sofren unha importante lesión na súa médula espinal.
Primeiro ensaio
Grazas a este dispositivo, os voluntarios puideron chegar máis lonxe ao realizar movementos do seu tronco ata en oito direccións. Ademais, puideron aumentar un 25% o seu espazo de traballo sentado, ao redor dos seus corpos.
Tras conseguir estes prometedores resultados, este equipo de científicos da Universidade de Columbia, situada na cidade de Nova York, está a probar o uso do " TruST" co obxectivo de mellorar o control do tronco de adultos e nenos con lesión da medula espinal.
FONTE: javier Grégori. Cadena SER
Ningún comentario:
Publicar un comentario