NADAL 2019-2020. QUE XOGOS PARA NENOS E NENAS CON DISCAPACIDADE FÍSICA?



Que xogos ou xoguetes son recomendables? Que criterios hai que ter en conta? 
Gonzalo Arjona, técnico de accesibilidade da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica respóndenos a todas as posibles dúbidas que poidan xurdir. 


QUE CRITERIOS PODEMOS UTILIZAR PARA ELEXIR OS XOGUETES PARA UN NENO CON DISCAPACIDADE FÍSICA

Segundo as recomendacións establecidas polo Instituto Tecnolóxico do Xoguete ( AIJU) algunhas das características que deben ter os xoguetes para que sexan adaptados son que 
  • os seus  pulsadores/botóns sexan moi accesibles e fáciles de accionar; 
  • que permitan un fácil acceso a todas as súas posibilidades ou funcións, é dicir, 
    • en xoguetes de sobremesa, que dispoñan de antiescorregadizas na súa parte inferior; 
    • que non esixan moita rapidez de movementos ou que se poidan regular os tempos de resposta, 
    •  que non obriguen a efectuar movementos simultáneos  como presionar dúas teclas á vez; 
  • que as súas pezas sexan fáciles de encaixar  
  • que en estruturas grandes tipo mobiliario (cociñas, bancos de traballo…), as súas dimensións permitan introducir as cadeiras de rodas, 
  • que posibiliten unha sinxela desagregación en módulos para poder utilizalos e desmontados con facilidade.

A DISCAPACIDADE FÍSICA CONDICIONA A ELECCIÓN?

O ideal sería que os xogos e xoguetes teñan un “deseño para todos”, de forma que nenos/as con e sen discapacidade poidan utilizar os mesmos xogos en similares condicións xa que así conseguimos a participación dos nenos/as con discapacidade no xogo dos que non a teñen mellorando así a inclusión, ao utilizar xoguetes normalizados. Os xoguetes deberían ser versátiles e permitir varias formas de interacción posibilitando cambiar as súas regras para facilitar a adaptación de cada xoguete a cada caso.  Lamentablemente, isto non sempre é así.
En ocasións, os nenos/as con discapacidade poden ter ritmos de aprendizaxe distintos a outros, por iso é importante adaptar as indicacións respecto a a idade. Adaptaremos o tamaño e a proposta de xogo, pero non o  infantilizaremos.

CALES SON OS XOGOS OU XOGUETES QUE SE RECOMENDAN PARA XOGAR XUNTOS E QUE FOMENTEN A INCLUSIÓN?

Aqueles que fomenten a igualdade, o respecto e a cooperación, o coñecemento colectivo, e a exploración grupal. 
Por exemplo, en función da idade os xogos de construción tipo LEGO nos que todos poden colaborar, ou xogos nos que non sexa necesaria a priori a adaptación como os de  Playmobil.

COCEMFE ten como unha das súas áreas crave a accesibilidade e traballa por promover a accesibilidade universal e fomentar o uso dos produtos de apoio facendo visible a súa importancia para a contribución á mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade física e orgánica. Desde a Unidade de Accesibilidade analízase, avalían e redactan informes de recomendación xustificativos sobre niveis de accesibilidade, ergonomía e usabilidade, así como preséntase información e asesoramento sobre tecnoloxías de apoio e provedores destes.

FONTE: COCEMFE. Adaptado de Gonzalo Arjona.

Ningún comentario:

Publicar un comentario