A acondroplasia é un trastorno xenético que afecta o crecemento dalgúns ósos do noso corpo. Os ósos máis longos do esqueleto non crecen todo o que deben, así que as persoas con esta discapacidade son máis baixiñas. Os nenos con acondroplasia só necesitan algún coidado específico e unha alimentación especial, pero a súa vida é igual á túa. Está repleta de ilusións e esperanzas. Neste conto coñecerás a Pablo, un neno intelixente e divertido que che asombrará polas súas moitas capacidades.
FONTE: Funcación ONCE
+ de 5 anos
Un libro de talentos que recolle microhistorias onde o noso alumnado pódese identificar perfectamente.
Estes super heroes e súper heroínas son nenos e nenas coma os que enchen as nosas aulas, capaces de realizar grandes proezas no seu día a día. Todos teñen un talento especial, nós tan só temos que axudalos a descubrilo para que se sinta orgulloso do seu don e poda sacarlle o máximo proveito.
AUTORA: Susana Isern. ILUSTRADORA: Rocío Bonilla. Ed. Flamboyant
A lectura deste álbum ilustrado permite que os peques empecen a formarse unha mentalidade crítica, distanciándose do aborregamento do grupo. Está ben non axudar a alguén só porque ninguén axuda? É correcto non deixar xogar a unha nena ao fútbol? Debemos facer canalladas só porque as demais fanas?
Este amigo de intercambio, moi molesto ao principio, actúa como a conciencia do protagonista. Con tantas preguntas pon en evidencia a falta de lóxica no seu comportamento e faille enfrontarse á realidade das súas accións e omisións. Sen ningunha dúbida, é un fantástico álbum ilustrado para traballar a intelixencia emocional dos noso alumnado e falarlles de empatía pero, sobre todo, de responsabilidade e comportamento ético.
AUTORA: ROCÍO Bonilla. Ed Beascoa
Ningún comentario:
Publicar un comentario