A partir de 6 anos

"Chámome Blo. Teño Síndrome de Down, unha noiva, moitos amigos e un disco favorito". A normalidade e a integración son os acenos de identidade das tiras cómicas e desenfadadas deste libro. En palabras dos seus autores: "Quen ten un familiar con Sindrome de Down ten anécdotas súper divertidas. A nosa intención é contalas desde o súa punto de vista, cunha maneira moi simple de ver as cousas".
6-11 anos

A vaca Macarena non se sinte especial. Non sabe montar en bicicleta, nin facer equilibrio como as outras vacas. Pero un día queda dunha peza ao descubrir algo extraordinario... PUXO UN OVO! A cría que nace do ovo, é realmente filla de Macarena? No cortello, todos cuchichean e queren saber a verdade...
A partir de 5 anos
Os cadrados miraban aos triángulos de esguello ata que un terremoto puxo todo patas para arriba e os triángulos idearon un plan de reconstrución en unión cos cadrados. Así naceron os trapecios, os rombos, os pentágonos, os hexágonos... Nun radio de poucos quilómetros vivían os círculos. Pronto naceu a amizade. E coa amizade chegaron arcos, bóvedas, cúpulas. Un conto sobre a convivencia, a diversidade e a amizade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario