¡HASTA LA LUNA!. EL QUE LA SIGUE LA CONSIGUE. LECTURAS

De 6 a 8 anos
Amigos, Pandillas, Astronautas, Soños, Vida cotiá, Valores humanos, Escolas, Nenos, Discapacidade física, Amizade, Autoestima

A colección Calacuentos reúne varias historias que realzan valores como a empatía; a tolerancia ou a importancia do optimismo para afrontar calquera tipo de situación, todas elas asinadas pola mesma parella de creadores.

Nico, Clara e a súa pandilla de amigos, protagonistas en todos os relatos, participan aquí nunha trama que pon de manifesto a necesidade de esforzarse para lograr superar as adversidades e afrontar os obxectivos, sexan do tipo que sexan, con garantías. 

Grazas a distintas experiencias e aprendizaxes interiorizados durante unha xornada cotiá na vida destes nenos, o lector pode chegar a conclusións; e o educador pode planificar accións de sensibilización concretas que reforcen o tema tratado en cada obra (exemplificado en "Pistas para pais e educadores").

FONTE: Fundación Germán Sánchez Ruipérez

Ningún comentario:

Publicar un comentario