¿QUÉ PUEDO HACER CUANDO ............?. LECTURAS. GUÍA

Rematamos con esta colección que coidamos pode ser do voso interés para poñer en práctica con noso alumnado.

¿Qué puedo hacer cuando me preocupo demasiado?: Un libro para axudar a nenos con ansiedade 

Os nenos enfróntanse cada día a multitude de actividades e situacións que supoñen todo un desafío para eles: o rendemento no colexio, as actividades extraescolares, os problemas cos seus compañeiros, os problemas na casa... En ocasións senten que non son capaces de controlar esas situacións e móstranse moi preocupados e ansiosos. 
Cunha linguaxe adaptada aos nenos, atractivas ilustracións e varias actividades pedagóxicas, esta sinxela e completa guía ensina aos nenos e aos seus pais como superar estes problemas, proporcionándolles pautas claras e eficaces para manexar a ansiedade e as preocupacións. É de gran axuda para os terapeutas, que poden utilizalo para que pais e fillos traballen xuntos durante a  intervención






FONTE: AUTORES: Dawn HuebnerBonnie Matthews. ADAPTADOR E TRADUCTOR: Jaime Pereña Brand 


¿Qué puedo hacer cuando me obsesiono demasiado?: Un libro para axudar aos nenos con TOC


Esta guía axuda aos pais e aos nenos para tratar o Trastorno Obsesivo Compulsivo ( TOC) mediante as técnicas cognitivo  conductuais. Trátase dun libro de axuda interactivo que converte aos nenos en detectives capaces de recoñecer e responder máis apropiadamente aos trucos do TOC.
Con exemplos ilustrativos, actividades atractivas e instrucións descritas paso a paso, este libro permite aos nenos dominar as habilidades necesarias para librarse dos pegañentos pensamentos e impulsos do  TOC e para ter unha vida máis feliz. Esta guía representa un recurso útil e completo para ensinar, motivar e estimular aos nenos cara ao cambio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario