Os verdadeiros monstros de Monster High están orgullosos dos seus defectos, como o horrible Finnegan Wake. Este fillo dunha sirena vai en cadeira de rodas, pero sempre está listo para o que sexa, menos para quedar quieto. Inclúe varios accesorios como unhas lentes e unhas luvas de carreiras, e unha mochila que se pode colgar da súa cadeira de rodas. Ademais, vén cun diario que inclúe detalles incribles sobre a súa vida terrestre e marítima. A cadeira de rodas pode correr de verdade e está decorada con chamas, texturas e uns brazos prateados. Parte dos beneficios dos bonecos vendidos irán destinados ao proxecto Novos Atletas de Special Olympics España; un programa de adestramento destinado a nenos e nenas con discapacidade.
FONTE: discapNET. eL PORTAL DE PERSONAS CON DISCAPACIDAD
Ningún comentario:
Publicar un comentario