As persoas con síndrome de Williams caracterízanse por ter capacidades lingüísticas superiores ao que corresponderían pola súa intelixencia. Respecto ao nivel de lectura existe controversia dada a escaseza de estudos. O obxectivo deste traballo foi comprobar as capacidades de lectura dun grupo de nenos con S. de Willians (SW) en idade escolar, e para iso contrastouse a súa execución cun grupo control da mesma idade mental. Utilizáronse tres tipos de tarefas: lectura de palabras e pseudopalabras, tarefas metafonolóxicas e de denominación rápida.
Os resultados amosan que o grupo con SW ten unha execución similar ao grupo control na precisión lectora de pseudopalabras, aínda que son máis lentos na lectura tanto de palabras como de pseudopalabras. Tamén son máis lentos nas tarefas de denominación rápida. Estes resultados suxiren que os SW non teñen dificultades para desenvolver os mecanismos de conversión grafema-fonema, pero amosan certas dificultades no desenvolvemento da lectura léxica.
FONTE: Elena Garayzabal Heinze y Fernando Cuetos Vega* Universidad Autónoma de Madrid y * Universidad de Oviedo en Psicothema
Ningún comentario:
Publicar un comentario