SÍNDROME DE MARFAN. RECOMENDACIÓNS EDUCATIVAS E EXERCIZO FÍSICO (II)

O exercicio é importante para as persoas con síndrome de Marfan, xa que xera numerosos efectos beneficiosos:


  • Reduce a presión arterial e axuda ao fortalecemento cardiovascular
  • Reduce o peso
  • Regula o metabolismo e a función dixestiva
  • Aumenta a densidade ósea e a masa muscular 

O déficit na fibrilina (FBN-1) ocasiona un corpo máis débil. Nas persoas afectadas pola síndrome de Marfan requírense algunhas modificacións no exercicio a realizar: 

A maioría das persoas con síndrome de Marfan deben facer exercicio de baixa intensidade regularmente (a un nivel aeróbico de traballo no 50-60 % da súa frecuencia cardíaca máxima).

As actividades de baixo impacto deben ser adaptadas para satisfacer os seus requisitos específicos ortopédicos, cardiovasculares e oftalmológicos.

Se non hai evidencia de dilatación da aorta, pódese permitir actividade en niveis superiores de intensidade.

Moi importante a realización de fisioterapia para mellorar o ton muscular, e como sinalabamos anteriormente, a actividade física moderada non traumática (natación) dacordo ao compromiso cardíaco.

A ausencia total do ton muscular e a hiperlaxitud REQUIREN exercicios de fortalecemento.
En xeral, EVITAR ACTIVIDADES RELACIONADAS CON MOITO PESO ou ESFORZO ISOMÉTRICO INTENSO


Non se deben esquecer unha serie de consideracións previas antes de realizar o exercicio físico, como:

As persoas con este síndrome adoitan ter dificultade na visión, polo que a coordinación ollo-mano é máis difícil.

Adoitan tomar medicación, como betabloqueantes, anticoagulantes, polo que hai que evitar actividades de esforzos intensos.

Teñen problemas osteoarticulares como laxitud con tendencia a luxaciones articulares, debilidade física e limitación da mobilidade da columna, polo que hai que evitar actividades de impacto e de alta intensidade.


Por tanto, DEBEN EVITARSE

  • Deportes competitivos (excepto o golf, que é considerado un deporte suave).
  • As actividades que impliquen esforzo excesivo nas articulacións porque poden causar dislocacións ou danos na superficie da articulación.
  • Deportes de contacto físico, polo perigo de lesións ósteo-articulares.
  • Mergullo, pola repercusión negativa que pode ter a nivel cardiovascular.
  • Exercicio extenuante (eleva a tensión arterial e produce contracturas musculares e outras alteracións do aparello locomotor).

Os DEPORTES RECOMENDABLES para afectados pola síndrome de Marfan son actividades de baixo risco, xeralmente con alto compoñente aeróbico e de baixa intensidade: ciclismo, natación, sendeirismo, pesca, Tai Chi, golf .....

Actividade Física


Ningún comentario:

Publicar un comentario