A escafandra e a bolboreta (2007), director Julian Schnabel. En 1995, Jean-Dominique Bauby de 43 anos, editor da revista francesa Elle, sufriu unha embolia, tres semanas despois saíu do coma e descobre que é vítima da "síndrome de cautiverio " (locked-in syndrome), está totalmente paralizado, non pode moverse nin comunicarse verbalmente debido a unha completa parálise dos músculos voluntarios, excepto os ollos, só é capaz de comunicarse parpadeando, malia que a súa mente funciona con normalidade.
No hospital de Berk-Sur-Merun, Francia, ensínanlle un código coas letras do alfabeto e el elixe as letras únicamente parpadeando, deletreando as palabras que desexa expresar, mediante este método é capaz de dictar un libro no que describe a súa experiencia, esta película está baseada no seu libro. Jean-Dominique Bauby dános unha lección de valentía e recórdanos a importancia de aferrarse ao humano que permanece no noso interior aínda nas circunstancias máis adversas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario