TADEGA sigue con bo ritmo!
Hoxe TADEGA preséntanos outra nova, tamén como a anterior, de moito calado:
Plan Proxecta da Consellería de Educación asinado con TADEGa e titulado "Aulas I+I" ( http://www.edu.xunta.gal/ portal/node/19760 ).
"Os datos básicos, ademais da web volos indicamos aquí:
- Ámbito: convivencia / igualdade.
- Definición: identificación, posta en valor e activación de estratexias que favorecen a inclusión das persoas con capacidades diferentes nas aulas.
- Temporización: curso completo.
- Alumnado: 5º e 6º de educación primaria, 1º e 2º da ESO
- Límite de centros participantes (para este curso): 5.
- Criterios de selección (entre outros):
- Idoneidade e calidade do proxecto.
- Porcentaxe do profesorado implicado no programa.
- Participación do Departamento de Orientación e da Dirección do centro.
Seguro que coñeces centros nos que realmente hai inquietude, implicación e compromiso. Como vedes, non queremos ser moitos, queremos ser os mellores ;-)" - sinala o seu presidente no escrito que me dirixe e que me tomo a libertade de participarvos polo interesante que me parece.
Ningún comentario:
Publicar un comentario