UN INVENTO NECESARIO: A CADEIRA INTELIXENTE



Un fisioterapeuta do hospital Sant Joan de Déu de Esplugues, de Barcelona diseñou unha cadeira intelixente que permite aos nenos e nenas con pluridiscapacidade desprazarse de forma autónoma.
Jordi Ventura é pionero neste tema. El, xunto a un equipo de profesionais da escola Nexe Fundació e de outras escolas de educación especial, e a colaboración de moitas familias de nenos e nenas con diversidade funcional, conseguiron sacar ao mercado un invento único con criterios de baixo custo, para que todas as familias podan adaptar a cadeira do seu fillo ou filla  cunha mínima inversión.

A CADEIRA INTELIXENTE

Recibiu moitos parabéns e eloxios. Moitos nenos disfuncionais non caminan e non son quen de utilizar as cadeiras eléctricas actuais polos requisitos que esixen para o seu manexo de tipo cognitivo e físico.
O equipo de JORDI VENTURA traballou duro perante cerca dun ano, logrando adaptar o motor dun coche eléctrico de xoguete a un programa informático diseñado especialmente para esta cadeira. Pouco a poco foron perfeccionando a idea inicial, engadíndolle sensores, coa finalidade de evitar tropezos contra obstáculos.


Certamente un invento necesario!.

GRAZAS A JORDI VENTURA, AO SEU EQUIPO E AS FAMILIAS QUE CRERON NA SÚA IDEA.
 FONTE: Europa Press. Escola Nexe Fundació



Ningún comentario:

Publicar un comentario