SOPORTE PARA A CABEZA NUNHA PARÁLISE CEREBRAL. HEADPOD

Con Headpod a cabeza rota con sorprendente precisión, algo totalmenteinesperado nos nenos e nenas con Parálise Cerebral.


Esta axuda permite un aliñamento que fai que a columna cervical sexa quen soporte o peso da cabeza e colo. Ao mesmo tempo, os músculos do colo traballan nunha posición vertical, fisiolóxica, que axuda a manter a cabeza aliñada verticalmente co tronco, axudando ao desenvolvemento de todos os músculos do colo. O uso desta axuda reduce a hipertonía e hiperextensión dos brazos, evitando os esforzos que realiza o neno para levantar contínuamente a cabeza, afectando a todos os músculos da zona.
A cabeza pódese mover en calquera dirección excepto cara abaixo. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario