CADEIRA DE RODAS TIPO GRÚA, ESPECIAL PARA TRASLADOS, easyGO. APOIOS TÉCNICOS





Cadeira de rodas especial equipada cun sistema de elevación de pacientes práctico e innovador. Ofrece solucións moi respectuosas para o paciente e a súa contorna resolvendo necesidades cotiás como saír da cama, ir ao baño, a hixiene diaria, desprazamento pola casa, acceder ao coche.....etc.

O que máis agradezo desta axuda técnica é que nos ofrece seguridade para os traslados, sinón tratar con dignidade as persoas con mobilidade reducida e a oportunidade de mellorar a calidade de vida de todos, o paciente e a familia.

Permite ao coidador levantar ao paciente con moi poucos movementos e transportalo facilmente segundo as súas necesidades.

É funcional cando se desmonta e pódese transportar facilmente, por exemplo, no maleteiro do coche.

Levantador eléctrico para persoas con discapacidade motora.(vídeo)


FONTE: Eloísa Teijeira Bautista e https://easygolift.com/

Ningún comentario:

Publicar un comentario