Tarefas accesibles en tempos do COVID-19
A actual situación de crise causada polo Coronavirus está a provocar que unha gran parte do alumnado que se recluíu nas súas casas estea a ter graves dificultades para acceder ao material de traballo que os docentes envían, dun xeito ou doutro, para continuar con esta especial e única “modalidade de escolarización”.
Ademais, gran parte do profesorado pode sentir a presión de ter que enviar unha cantidade determinada de tarefas para “xustificar” ante familias e xefes o seu traballo na casa. Desde esta perspectiva sería importante lanzar unha mensaxe de calma ao profesorado. É necesario entender que non temos que enviar gran cantidade de tarefas, senón tarefas de calidade.
E xa que o facemos deberiamos pensar que para o alumnado con NEAE, e calquera outro alumnado con preferencias de aprendizaxe non situadas nos modelos estándar, que xa tiña bastantes problemas cando o profesor-guía e apoio estaban á súa disposición, agora, esas dificultades para participar nas tarefas na casa deste novo formato están a acrecentarse.
Antonio Márquez compart con nos, unha achega para que, entre todos, podamos romper as barreiras, neste caso curriculares e dixitais, que o alumnado pode atopar na casa.
Por iso dividiu este artigo en tres partes:
FONTE: Cedec. TRADUCCIÓN de Autor: Antonio Márquez
Ningún comentario:
Publicar un comentario