Ioda, a gata de Maia, perde unha pata nun accidente. Maia non acepta o feito: empéñase a crer que a pata volverá crecer.
Na escola, a alegría de Matías e a destreza dos seus dedos incompletos, lévana a aceptar e a apreciar a Ioda na súa nova condición.
Narración, suave e sinxela, contrastada con ilustracións vigorosas e coloridas, toca con delicadeza o tema da discapacidade.
FONTE: canal lector
Ningún comentario:
Publicar un comentario