Estes paneis de destreza manipulativa permite aos nenos (a partir dos 18 meses), e aos adultos, desenvolver a súa motricidade fina de maneira divertida grazas ao seu amplo abanico de actividades e xogos. Para a súa construcción podemos empregar velcros que o fan totalmente configurable, podendo cambiar as actividades en función do interese das persoas que o utilizan.
Traballaremos ademáis da súa imaxinación, a coordinación das extremidades superiores, así como a motricidade da man.
Podemos fixalo na parede tendo moi en conta a seguridade do neno, dado que é relativamente pesado.
Podemos utilizar botóns e cordóns para enfiar e achegar unha experiencia sensorial. Estes elementos son indispensables xa que permítenos traballar múltiples aprendizaxes como as cores, a numeración… Permiten tamén desenvolver funcións cognitivas e estimular os sentidos do tacto, a vista e o oído.
Este tipo de actividade reforza a concentración e a atención xa que o neno, completamente mergullado na actividade, esforzarase por ter o control dos seus movementos precisos para así lograr con éxito a tarefa proposta.
FONTE: toysknoll.info; decopeques; etsy.com; m.vk.com; hopToys
Ningún comentario:
Publicar un comentario