CUANDO INTERRUMPE LO EXTRAORDINARIO. LECTURAS


Desde os 15 anos
Unha conmovedora e luminosa novela sobre a pouco probable e, ainda así, inquebrantable amizadw entre un matón de instituto e un mozo con síndrome de Down.

Existe unha lei na Física para demostrar que os polos opostos atráense.  Dane e  Billy son dous seres solitarios e moi diferentes entre si, aínda que cunha experiencia vital común. A pesar das evidentes diverxencias a procura permanente da súa propia identidade propicia un punto de encontro, unha inexplicable atracción entre a inxenuidade e a  rudeza que lles axuda a sondar nos seus respectivos pasados para comprender opcións polas que nunca antes se interesaron. Emocionante proposta que avoga polo entendemento e que indaga nos sentimentos de xoves estudantes condicionados por un entorno familiar complicado.


Este libro trata de:  Amizade, Persoas con Síndrome de Down, Xoves, Relacións personais, Familias monoparentais, Institutos, Crecimento persoal, Relacións familiares, Acoso na escola, Pais, Veciños.

FONTE: Fundación Sánchez Ruipérez

Ningún comentario:

Publicar un comentario