RECURSOS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

Azar: Compatible cos sistemas operativos Android, iOS e Windows, Azar engloba 10 aplicacións de descarga gratuíta dedicadas aos ámbitos do lecer, a planificación e a comunicación que melloran a calidade de vida e a autonomía dos estudantes que teñen discapacidade intelectual. Tamén é unha boa alternativa para o alumnado TEA. Os sons, as imaxes e os pictogramas que inclúen estas aplicacións se adecuan ás necesidades de cada un deles, traballando diferentes aspectos como o concepto de tempo ou a comunicación de información persoal.

Calcwav: Útil para as materias de ciencias como Matemáticas e Física. Trátase dunha calculadora que fala dirixida ao alumnado con discapacidade visual e tamén motora ao incluír opcións de varrido automático. É gratuíta.
FONTE: educación 3.0

Ningún comentario:

Publicar un comentario