FONTE DO VÍDEO: El Reino Infantil
Guía Avaliación Conciencia Fonolóxica
FONTE: cuentos para crecer
Pola igualdade de oportunidades, a visibilidade, a accesibilidade universal....... en educación ********* RECURSOS disfuncionalidade motora
Azar: Compatible cos sistemas operativos Android, iOS e Windows, Azar engloba 10 aplicacións de descarga gratuíta dedicadas aos ámbitos do lecer, a planificación e a comunicación que melloran a calidade de vida e a autonomía dos estudantes que teñen discapacidade intelectual. Tamén é unha boa alternativa para o alumnado TEA. Os sons, as imaxes e os pictogramas que inclúen estas aplicacións se adecuan ás necesidades de cada un deles, traballando diferentes aspectos como o concepto de tempo ou a comunicación de información persoal.
Trátase dunha neuropatía óptica caracterizada por un aumento da presión dentro do globo ocular que causa un dano progresivo do nervio óptico e do campo visual. Diagnostícase cunha sinxela proba que consiste en medir a presión ocular (tonometría), onde tamén se analiza o estado do nervio óptico.
Para o seu tratamento, recórrese ao control da presión ocular mediante a terapia tópica de pingas oculares, e se isto non funciona é necesaria a cirurxía co fin de diminuír a produción de líquido intraocular e aumentar o fluxo de saída, estabilizando así a presión ocular. Existen diferentes tipos de cirurxía, sendo as máis frecuentes a trabeculectomía ou a goniotomía. En ocasións, precísase dun tratamento combinado de cirurxía e pingas oculares.
Existen outras complicacións oftalmológicas no SSW como a hemianopsia, e a ambliopía ou ollo vago, que se pode tratar con éxito a idade temperá con parches e decoloración da conjuntiva. Así mesmo describíronse hemorraxias retinianas, desprendemento de retina e buftalmos secundarios (aumento do tamaño do ollo) ao angioma coroideo. Nos bebés, pode acompañarse de fotofobia (sensibilidade á luz), lagrimeo e blefaroespasmo (intensa compresión das pálpebras para evitar estímulos brillantes).