LA SONRISA DE CARLOS. LOS DERECHOS DEL NIÑO. LECTURAS

+ de 7 anos


Carlos é o máis pequeno de catro irmáns, que xogan, rin e van ao colexio xuntos. Pero Carlos é especial. Gústanlle as pequenas cousas, entretense polo camiño e non lle gusta que ninguén perda nos partidos de fútbol. Cústanlle moito as tarefas do colexio, e por anos que pasen el sempre é como un neno pequeno. Carlos ten síndrome de Down e os seus pais preocúpanse polo seu futuro.

O recoñecemento e aceptación das deficiencias físicas, mentais ou sociais que afectan aos nenos deben ser unha prioridade da sociedade na loita contra as desigualdades. No sorriso de Carlos atopamos unha historia tenra sobre a relación dun neno con síndrome de Down coa súa familia e os seus compañeiros de colexio, tratando a discapacidade con naturalidade e promovendo a empatía dos nenos para con aquelas persoas que por distintos motivos non gozan das mesmas capacidades. Fomenta ademais a solidariedade e a distribución de recursos para a educación de todos os nenos e nenas.


A colección Os Dereitos do Neno é unha serie de 10 contos con valores que se inspiran en cada un dos principios da Declaración dos Dereitos dos Nenos, aprobada pola Asemblea Xeral da ONU o 20 de Novembro de 1959.


FONTEEditorial Salvatella

Ningún comentario:

Publicar un comentario