MARTES CO MEU VELLO PROFESOR. LECTURAS.

Xuvenil

Baseada nunha historia real, Martes co meu vello profesor, conta a relación entre o seu autor, Mitch Albom, e o seu antigo profesor, Morrie Schwartz. Tras máis dunha década sen verse e ao saber Mitch que Morrie está enfermo de ELA(*), decide ir visitarlle. Das conversacións entre ambos xorde un auténtico vendaval de sentimentos e confesións que Mitch utilizará para escribir un libro cuxos beneficios serán destinados a pagar as facturas médicas do que fose o seu mentor.


(*) A esclerose lateral amiotrófica (abreviadamente, ELA) é unha enfermidade dexenerativa de tipo neuromuscular. Orixínase cando as células do sistema nervioso chamadas motoneuronas diminúen gradualmente o seu funcionamento e morren, provocando unha parálise muscular progresiva de prognóstico mortal: nas súas etapas avanzadas os pacientes sofren unha parálise total que se acompaña dunha exaltación dos reflexos tendinosos (resultado da perda dos controis musculares inhibitorios).


Aínda que os síntomas temperáns varían dun suxeito a outro, todos os pacientes adoitan mostrar os seguintes trastornos: cáenselles os obxectos, tropezan, senten unha fatiga inusual en brazos ou pernas, mostran dificultade para falar e sofren cambras musculares e tics nerviosos.

FONTE: Ed. Maeva

Ningún comentario:

Publicar un comentario