LECTURAS: INÉS CRECE AMODO. (Down).

Esta é unha bonita historia que narra a vida de Inés desde que nace ata que vai á escola. Nela relátanse moitos feitos cotiáns e podería ser como a vida de calquera outro neno, só que neste caso, Inés ten síndrome de Down. É unha historia esperanzadora, pero tamén unha boa escusa para transmitir o valor da tolerancia. Inés crece amodo é un libro que evoca o difícil traxecto dunha nena con dificultades e da súa familia. As explicacións son sinxelas, cheas de respecto pola nena e de desculpa para a familia. 

Ao final do libro, hai unha lista de direccións de asociacións e de organizacións que poden axudar e unha breve recensión informativa sobre a Trisomía 21.

Claude Helft reflicte o difícil traxecto dunha nena con discapacidade e a súa familia, narrado dunha forma optimista e realista, cunha linguaxe moi sinxela.


AUTORA: Claude Helft
FONTE: Será por libros...

Ningún comentario:

Publicar un comentario