Este software permite realizar funcións de emulación dos periféricos de entrada que permiten a interacción e o control do propio ordenador e os programas e aplicacións que o alumnado puidese necesitar. No mercado existen bastantes aplicacións deste tipo pero, neste caso, permitímonos recomendar as aplicacións do Proxecto Fressa por ser gratuítas e estar moi depuradas e optimizadas debido á colaboración de moitos docentes de todo o mundo que as testan na práctica co seu alumnado.
Control do mouse mediante ordes de voz é un programa mediante o cal o rato do computador móvese en función do que lle indique o usuario de viva voz. Está desenvolto pensando nas persoas con deficiencias motrices e que teñan dificultades para manexar o mouse. Deste xeito non fai falta un contacto táctil coa ferramenta, senón vocalizar os comandos adecuados.
Para iso precísase da utilización dun micrófono a través do cal o usuario vai dando ordes ao mouse para que se mova pola pantalla do computador. Trátase de ordes sinxelas e prácticas que non dan lugar a equívos tales como esquerda, dereita, sobe, baixa ou clic.
A aplicación está pensada para persoas discapacitadas que non poidan controlar o mouse de forma normal e poidan ter un control do mesmo a través da súa voz.
Control do mouse mediante ordes de voz funciona a través de palabras, pero tamén pode facelo con sons, en función do que se configure previamente. Ao mesmo tempo tamén pode usarse en diferentes idiomas.
É un programa que permite converter os dous clic do rato en dúas pulsacións de tecla.
É configurable e poden asignarse diferentes teclas a cada un deles.
Mouse Joystick: é un programa que permite controlar o rato mediante un joystick normal. Resulta apropiado para alumnos cunha reducida amplitude de movemento ou con dificultades para a manipulación sobre a mesa.
Rata Plaphoons: é un programa pensado para persoas con discapacidade severa que permite controlar o rato con posibilidade de varrido. O programa permite controlar os movementos (esquerda, dereita, arriba e abaixo) e as funcións dos botóns do rato (esquerdo, dereito, dobre clic e arrastre). No caso de que o usuario puidese exercer sobre dous pulsadores (un conectado a cada botón de clic do rato), pódese configurar o programa en modo varrido dirixido que redunde en maior voluntariedad do control do rato por parte do usuario xa que é o quen decide a opción para realizar e non o varrido automático.
Control do mouse mediante ordes de voz é un programa mediante o cal o rato do ordenador móvese en función do que lle indique o usuario de viva voz. Está desenvolto pensando nas persoas con deficiencias motrices e que teñan dificultades para manexar o rato. Deste xeito non fai falta un contacto táctil coa ferramenta, senón vocalizar os comandos adecuados.
Para iso precísase da utilización dun micrófono a través do cal o usuario vai dando ordes ao rato para que se mova pola pantalla do computador. Trátase de ordes sinxelas e prácticas que non dan lugar a equívos tales como esquerda, dereita, sobe, baixa ou clic.
A aplicación está pensada para persoas discapacitadas que non poidan controlar o rato de forma normal e poidan ter un control do mesmo a través da súa voz.
Control do mouse mediante ordes de voz funciona a través de palabras, pero tamén pode facelo con sons, en función do que se configure previamente. Ao mesmo tempo tamén pode usarse en diferentes idiomas.