PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

HIPOTONÍA

QUE É?
É unha debilidade dos músculos que se define como unha falta de ton  muscular. Existe pois unha disminución da resistencia das articulacións aos movementos pasivos, ou un aumento da movilidade das articulacións. Pode ser unha patoloxía do ton muscular.

Os bebés hipotónicos parecen flácidos, sentímolos como se fosen "bonecos de trapo" ao collelos. Descansan cos cóbados e os xeonllos extendidos, parecendo "desparramados", mentras que os bebés con ton normal tenden a ter os cóbados e os xeonllos flexionados. Tamén poden ter un deficiente control da cabeza que pode caír hacia un lado, cacia adiante ou cara atrás.
Hai que ter especial coidado ao erguer e coller no colo a unha persoa con hipotonía para evitar causarlle calquera lesión.


A hipotonía, a veces, asóciase con outros problemas como pode ser: trisomía 21, parálise cerebral, hipotiroidismo conxénito, distrofia muscular, infeccións (septicemia, botulismo infantil...). A inxesta de alcol e/ou outras drogas durante a preñez, un traumatismo perante o parto, e, antecedentes familiares de hipotonía, son outros factores que poden contribuir ao desenvolvemento da hipotonía.
Nalgúns casos non hai ningunha causa subxacente. É o que se denomina hipotonía leve ou benigna.

SÍNTOMAS DA HIPOTONÍA
- Apariencia de estrarrelaxación
- Non é quen de soster a cabeza erguida, sen apoio, xirar ou sentarse sen axuda. Os seus músculos están flácidos.
- A persoa é incapaz de extender os seus membros ata o límite normal.
- Ten dificultades para succionar e masticar.

TRATAMENTO
O tratamento dependerá da causa. Cando é causada por unha enfermidade subxacente, primeiro haberá de tratarse esa enfermidade, se se pode.
A fisioterapia pode mellorar a psicomotricidade fina e a forza do corpo en xeral. A terapia ocupacional, a logopedia, permiten mellorar os problemas respiratorios, da linguaxe e da deglución. Os programas de estimulación sensoriais poden ser axeitados para os bebés e os nenos pequenos.
Actualmente dentro da fisioterapia hai enfoques que non só traballan a parte muscular, alí onde vemos o síntoma, senón tamén o sistema nervioso e o cerebro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario