PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

DISCAPACIDADE INTELECTUAL LIXEIRA OU LEVE.- I.

Utilizaremos a expresión de discapacidade intelectual, tal como propón American
Association on Intellectual and Developmental Disabilities (AAIDD). Esta definición fai especial fincapé no tema do Desenvolvemento e dos apoios para facer fronte a situacións de discapacidade intelectual. Unha persoa presenta discapacidade intelectual cando se dan as seguintes circunstancias:
  • Hai limitacións significativas do funcionamento intelectual.
  • Hai limitacións significativas da conduta adaptativa.
  • A idade de aparición é antes dos 18 anos.
A determinación de limitacións significativas, tanto na intelixencia como na conduta adaptativa, maniféstase nalgunhas ou en todas as habilidades conceptuais, prácticas e sociais.
Nos nenos/as con discapacidade intelectual lixeira, centrarase a adaptación e a resposta educativa nos contidos e procedimentos que sexan máis funcionais e útis para a súa vida cotiá.


COMO AFECTA A DISCAPACIDADE INTELECTUAL 
LIXEIRA?
Linguaxe oral. Suelen adquirilo algo máis tarde que o resto dos nenos e nenas da súa idade. Consiguen a capacidade de expresarse e de manter unha conversa.
Autonomía persoal. Acadan unha axeitada autonomía persoal na locomoción e independencia de movementos, na alimentación, no aseo persoal, no vestido e no control de esfínteres.
Actividades escolares. Suelen presentar importantes problemas e dificultades nas aprendizaxes escolares; non obstante, cun apoio adecuado, a maioría consiguen notables avances nas aprendizaxes de lectura e de escritura. Precisan unha adaptación da programación que lles permita seguir estes aprendizaxes cunha intensidade e ritmo adecuado a súa discapacidade, preferentemente nos centros escolares ordinarios.
Adaptación á vida social e laboral. Na vida adulta suelen presentar dificultades emocionais, sociais e laborais, aínda que cun ensino adecuado lograrán estar capacitados para desempeñar multitude de tarefas no ámbito laboral sempre que conten co apoio e o entrenamento oportuno.

QUE FACER E COMO ACTUAR?
O titor, o primeiro
En primeiro lugar, o titor, será o que detecte a necesidade de dar resposta a un alumno concreto dunha forma máis individualizada, o que podería supoñer cambiar, elexir, darlle máis importancia ou máis tempo ao nivel de dificultade nunha ou varias áreas escolares.
Ante esta situación, o departamento de orientación recollerá toda a información do profesorado que traballa con el, así como da xefatura de estudos. Tamén analizará como inflúe a familia e o contexto.


Este vídeo, presenta en apenas 1 minuto e medio, todos os aspectos relacionados coa educación inclusiva. 

                                                           FONTE do Vídeo: FEVAS Plena Inclusión en Euskadi

NORMALIZACIÓN E INCLUSIÓN
A modalidade na que se escolariza este alumnado preferentemente, é a do grupo ordinario a tempo completo con apoios en períodos variables (intervención logopédica, actividade psicomotriz, programas para o desenvolvemento das habilidades cognitivas básicas e os programas de estimulación da linguaxe, das habilidades sensoriais......).
Tras la valoración anterior, decidirase se procede ou non realizar un documento de Adaptación Curricular Significativa (ACS). Para o que o tutor/a dispoñerá sempre do asesoramento necesario do departamento de orientación.
No caso de que proceda, con respecto ao acceso as aprendizaxes, necesitará elementos persoais (ademáis do propio titor/a, o mestre/a de PT e/ou de AL), organizar o aula de maneira axeitada para el (Gran Grupo (GG), Pequeno Grupo (PG) e individual) e elementos materiais como o "uso do material didáctico adecuado" como apoio ao proceso de ensino-aprendizaxe en función dos contidos traballados e das actividades e os "materiais para o incremento da capacidade intelectual" medidante estimulación temperá nos primeiros anos de vida, para pasar nas etapas escolares aos programas de desenvolvemento cognitivo, tamén chamados de estimulación e mellora da intelixencia (Programa de Enriquecemento Instrumental de Feuerstein, o Proxecto de intelixencia de Harvar, o Progresint de Yuste......).
No que respecta aos contidos de aprendizaxe propiamente ditos, cando se fan adaptacións que non implican deixar de traballor o máis importante do nivel do grupo clase, considéranse non significativas. Pero, cando se adaptan os contidos ao alumno/a baixando a dificultade dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación, denomínanse significativas. Estas requerirán dunha avaliación psicopedagóxica polos departamentos de orientación, sendo responsabilidade do titor.

PARA SABER MÁIS

International Society for Augmentative and Alternative Communication (ISAAC) http://www.isaac-online.org/

Center for parents information and resources (CPIR)  http://www.parentcenterhub.org/lista-espanol/

FONTE: Red de Recursos Educativos en Abierto

Ningún comentario:

Publicar un comentario