PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

RETINOBLASTOMA. DICCIONARIO

O Retinoblastoma é unha enfermidade pola que se forman células cancerosas nos tecidos da retina (tecido nervioso que reviste o interior da parte posterior do ollo; detecta a luz e envía images ao cerebro a través do nervio óptico)
Aínda que o retinoblastoma pódese presentar a calquera idade, aparece con maior frecuencia nos nenos menos de 5 anos. O cancro pode estar nun só ollo (unilateral) ou en ambos ollos (bilateral) O retinoblastoma, normalmente, non se suele diseminar aos tecidos cercanos ou a outras partes do corpo.

SIGNOS E SÍNTOMAS
O Retinoblastoma ou outras afeccións poden causar estes e outros signos e síntomas:


  1. A pupila, ten aspecto branco en lugar de encarnado co brillo da luz. Isto, pódese observar nas fotografías.
  2. Dor ou enroxecemento no ollo.
  3. O globo ocular é máis grande que o normal
  4. A parte do ollo con cor e a pupila teñen aspecto nublado.
  5. Os ollos parecen estar mirando en diferentes direccións (ollo vago)
  • FACTORES QUE AFECTAN AO PRONÓSTICO E AS OPCIÓNS DE TRATAMENTO
  • Tanto o pronóstico como o tratamento dependen de:
    1. Se o cáncro está nun só ollo ou en ambos.
    2. O tamaño e a cantidade de tumores.
    3. Se o tumor diseminouse a un área ao redor do ollo, o cerebro ou a outras partes do corpo.
    4. Se hai síntomas no momento do diagnóstico, para o retinoblastoma trilateral (cando se presentan ao mesmo tempo un retinoblastoma e un tumor cerebral)
    5. A idade do paciente.
    6. Probabilidade de sarvar a vista nun ollo ou en ambos.
    7. Se se formou un segundo tipo de cancro.
    CONCLUSIÓNS:

    • - O retinoblastoma é unha enfermidade pola que se forman células malignas (cancerosas) nos tecidos da retina.
    • - Preséntase en forma herdable e non herdable.
    • - O tratamento de ambas formas debe incluír orientación xenética.
    • - Un neno/a con retinoblastoma herdable ten maior risco de retinoblastoma trilateral e doutros cancros.
    • - Entre os signos e síntomas de retinoblastoma inclúense a "pupila branca" e dor e/ou  enroxecemento do ollo.
    • - Para detectar (atopar) e diagnosticar o retinoblastoma, utilízanse probas que examinan a retina.
    • - Certos factores afectan ao pronóstico (probabilidade de recuperación) e as opcións de tratamento.
    • FONTE: Instituto Nacional del Cáncer

Ningún comentario:

Publicar un comentario