PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

7 LIBROS IMPRESCINDIBLES PARA TRABALLAR A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

"Non se  tratra de ter dereito a ser iguais, senón de ter igual dereito a ser diferentes." 


OUTRA COUSA - Libro para fomentar o respecto e a aceptación dos demais. Outra Cousa quere ser como os demais nenos. Pero a pesar dos seus esforzos, Outra Cousa é outra cousa. Por iso vive só, sen amigos. Ata que un bo día aparece unha criatura rara chamada Algo que busca a súa amizade e afirma que é igual que el.
Gañador do prestixioso premio Unesco.
Autora: Cave,  Kathryn.
Ilustrador:  Riddel, Chris.

O CAZO DE  LORENZO - Conto  metafórico para falar das diferenzas entre os noso alumnado. Cóntanos a superación dun neno chamado  Lorenzo, para soportar o seu día a día. 
En vídeo EL CAZO DE LORENZO
 Autora e ilustradora:  Carrier, Isabelle.

O PUNTO - Libro que nos impulsa a atopar a nosa propia marca e a ser capaces de crear a partir dela. 

Autor e ilustrador:  Reynolds, Peter  H.


ELMER - Este libro colorista, alegre e atractivo fálanos da diversidade e do respecto. Con simpatía e agarimo ensina aos nenos e adultos que todos somos diferentes, que cada un é especial, e que precisamente por esa razón, quérennos os demais.
Elmer é diferente, é un elefante de cores. Elmer non é da cor dos elefantes. 

Libro gañador de varios premios, entre eles o premio por excelencia, o  Hans  Christian Andersen.
                                                                                 Autor e ilustrador: David  Mckee.

ÉRASE OUTRA VEZ UN BOSQUE - Este conto fálanos da diversidade e dos conflitos propios da convivencia. É un libro ideal para que os nosos alumnos comprendan que na variedade, na mestura, está a riqueza que nos pode conducir a unha convivencia pacífica.
Autora e ilustradora:  Géhin, Elisa.
Publicado pola editorial Fundación  Intermóm Oxfam.


POR 4  ESQUINITAS DE NADA - Este álbum ilustrado reflicte de forma  sorprendente e suxestiva os valores da amizade e  multiculturalidad fronte aos prexuízos e a xenofobia. 
En vídeo Por 4 esquinitas de nada

Proposta gráfica moi orixinal.


Autor e ilustrador:  Ruillier,  Jérôme.
O  DRAGÓN  ZOG - É unha historia chea de humor, solidariedade e afán de superación. Móstranos o valor do esforzo e a importancia de axudar aos demais.


Autora:  Donaldson, Julia.
Ilustrador:  Sheffler,  Axel.
Dos creadores do  Grúfalo.

FONTE: MANU VELASCO. Ayuda para maestros

Ningún comentario:

Publicar un comentario