PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

SI CREES EN MI, TE SORPRENDERÉ


Durante un tempiño non estarei con vós, polo tanto, aquí vos deixo a derradeira lectura de vran. Ata pronto. Seguiremos intentando propoñer cousas interesantes para o noso alumnado con diversidade funcional.





Esta é a historia dun soño: vivir como os demais. Anna Vives, a creadora da tipografía Anna, que conquistou os corazóns de todo o mundo, é unha moza con síndrome de Down que, lonxe de baixar os brazos, sempre debuxa horizontes onde todo é posible, sumando capacidades e co traballo en equipo como mensaxe de superación. Froito da perseveranza, Anna demóstranos que o mundo está cheo de soños por cumprir: se ela logrou alcanzar o seu, a que estás a esperar ti?Un relato tan real e máxico como a vida mesma. Se crees en Anna, sorprenderaste!

Ningún comentario:

Publicar un comentario