PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

IDEAS PARA AXUDAR A COLLER O LAPIS

Moitas das dificultades que presentan os nenos á hora de aprender a escritura cursiva teñen a súa orixe nunha falta de habilidade para coller ben o lapis. Isto pódese solucionar aplicando algunhas técnicas sinxelas, destinadas a reeducar os hábitos incorrectos adquiridos polo neno/a.


Doutra banda resulta fundamental realizar actividades de motricidade fina, que implican movementos de precisión relacionados con tarefas onde se utilizan os ollos, os dedos e as mans. Mediante estas actividades prensoras tratarase de desenvolver  habilidades e destrezas básicas, que repercuten directamente no manexo e a suxeción do lapis.

Por norma xeral, a partir dos dous anos e medio o neno/a  adoita ser capaz de captar e memorizar a posición das mans ao suxetar o lapiceiro. Polo cal a esta idade xa se pode comezar a practicar co neno o agarre do lapis co fin de que aprenda a posición correcta dos dedos e da boneca para a súa posterior escritura. Pero será a partir dos cinco, seis anos cando establecerá un agarre en pinza funcional do lapis.

As destrezas da motricidad fina desenvólvense a través do tempo, da experiencia e do coñecemento e requiren intelixencia normal (de maneira tal que se poida planear e executar unha tarefa), forza muscular, coordinación e sensibilidade normal. (Berruelo, 1990).
A aprendizaxe da lectura e da escritura non sempre van á vez.  Moitos nenos saben ler e, con todo, teñen dificultades para escribir.
Algúns nenos presentan problemas na escritura causada por:
  • Dificultades na motricidad fina
  • Unha mala coordinación óculo manual.
  • Unha forma estraña de coller o lapis, que dificulta o proceso de escritura, tensa os músculos da man e cansa os dedos.
  • Os trastornos na presión adóitanse producir como consecuencia dunha tensión excesiva na suxeición do útil de escritura. A tensión pode orixinarse no ombreiro, debido a unha postura inadecuada e, baixar polo brazo ata a man que escribe. Ao realizar demasiada presión a escrita adoita ser "agresiva", chegando mesmo a facer buracos no papel. Tamén a presión insuficiente por falta de forza nas mans, pode motivar que o lapis se mova dando lugar a unha escritura "frouxa" e insegura. En ocasións, unha presión excesiva pode estar a encubrir unha falta de forza nas mans, que se manifesta nunha presión excesiva e inadecuada por falta de control.
  • Para colorear e escribir ben necesitamos ter forza muscular nas mans, boa motricidade fina, adecuada percepción visual,  un adecuado desenvolvemento da coordinación óculo manual, unha correcta posición corporalcoller ben o lapis.
  •  Algúns nenos teñen unha forma estraña de coller o lapis, que dificulta o proceso de escritura, tensa os músculos da man e cansa os dedos.
  •  Para facilitar coller ben o lapis podemos utilizar  lapis e pinturas  triangulares. En caso necesario pódese utilizar  un adaptador especial de plástico que pode axudar a reducir a tensión.
  • A miúdo atopámonos  nenos e nenas que collen o lapis de forma incorrecta, a maioría chegan ao centro escolar con este erro tan afianzado que aos mestres e mestras resúltalles difícil por non dicir imposible corrixilo. Algúns adultos tamén o collen mal ou non saben cal é a forma correcta. Aprender a coller o lapis de forma adecuada é máis complicado do que parece. Require un bo control da motricidad fina, e esta pódese exercitar de maneira divertida para ell@s. Hai algo que convén equilibrar  e é a forza coa que algúns nen@s toman o seu lapis. Máis que collelo aférranse a el dificultando o proceso de aprendizaxe.

Usade o seguinte truco. Pódese utilizar un botón, unha moeda ou calquera cousa redonda que el ou ela poidan agarrar.


XOGA! Os xogos poden facerte mellorar,  permitiranche utilizar algunhas habilidades necesarias para controlar mellor o lapis.
  • Facendo debuxos libres
  • Debuxando círculos liñas rectas, horizontais, verticais e oblicuas sobre papel, pizarra ...... Para empezar, debemos utilizar follas grandes sen liñas. Debemos pedirlles que escriban de esquerda a dereita. Cando xa domine o trazo debemos repetir o mesmo exercicio utilizando un papel con liñas moi espaciadas entre si, posteriormente pódese utilizar cuadrícula  grande.
  • Xogando con plastilina,  modelar bolas de plastilina cos dedos índice e pulgar.
  • Rasgar papeis, recortar anacos de papel coas mans, libremente (papel de seda, revistas e xornais).
  • Facer bolas grandes e pequenas de papel. Desmenuzar: papel de seda, faragulla de pan...

FONTE: orientacionondújar

Ningún comentario:

Publicar un comentario