PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

COMO PODEMOS MELLORAR O PATIO DO COLEXIO

Esta guía didáctica ten por obxectivo favorecer a posta en marcha de proxectos colaborativos que conecten a actividade das aulas co que ocorre fóra do recinto escolar.

"Detectamos en moitos centros educativos unha parálise e abandono no coidado e o deseño dos espazos comúns.
Moitos centros están a aplicar cambios metodolóxicos, que non adoitan ir acompañados dun redeseño do espazo en base a estas novas perspectivas pedagóxicas. Na maioría dos
casos, profesores e alumnos teñen que adaptarse ao espazo que lles vén dado, atopando a dificultade engadida de que a configuración das aulas e os patios, o tipo de mobiliario
ou as estruturas arquitectónicas non favorecen o desenvolvemento destas novas pedagoxías senón que, pola contra, limítanas. Por todo iso, atopamos unha gran necesidade actual de transformar espazos comúns que levan décadas sen evolucionar, especialmente o do patio do colexio". 
(Fragmento da INTRODUCCIÓN)

Como intervir para mellorar o patio do colexio


                                                                                          FONTES:
  

Ningún comentario:

Publicar un comentario