Pola igualdade de oportunidades, a visibilidade, a accesibilidade universal....... en educación ********* RECURSOS disfuncionalidade motora
PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE
▼
LECTURAS DIFERENTES: XOGA CON PAPEL. PSICOMOTRICIDADE FINA
Á veces aos nenos, por diversas razóns, non se lles dá ben a plástica ou teñen unha baixa psicomotricidade fina. Sería conveniente traballalo no verán, onde a familia dispón de máis tempo libre, podendo participar todos. Sen que os nenos se decaten practicamos na mellora da atención, a concentración e por suposto, os movimentos das mans e dos dedos. É por iso que pensamos recomendarvos dous libros diferentes, divertidísimos e moi entretidos onde os nenos pasan horas entretidos sen darse conta que están a traballar! Primeiro recomendámosvos Xoga con Papel onde se inclúe unha infinidade de xogos feitos con papel. Tamén recomendamos DC Superheroes Origami, onde a papiroflexa permíteche crear uns personaxes incribles cos que poder pasar momentos divertidos e xogar con eles e inventar unha infinidade de historias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario