Pola igualdade de oportunidades, a visibilidade, a accesibilidade universal....... en educación ********* RECURSOS disfuncionalidade motora
PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE
▼
APRENDEMOS MELLOR CANDO O EXPLICAMOS
Sabiades que cando explicamos algo a outra persoa é cando máis aprendemos? S#estamosenello Vía @leeres
Fonte: Educación CNIIE
UN EXEMPLO DE SUPERACIÓN. VALORES.
Lauren Barwick naceu o 12 de setembro de 1977. Sufriu un accidente que a deixou paralizada de cintura para abaixo. A pesar diso continuou co seu sono de practicar a monta. Participou en varios Xogos Olímpicos desde 2004 en que participou por 1ª vez en Atenas. No 2008 ganou dúas medallas, unha de ouro no estilo libre individual e outra de prata nos campionatos individuais. Nos Xogos Olímpicos de 2012, non gañou ningunha medalla, quedou no 8º lugar. No ano 2014 participou no concurso internacional FEI en Moorsele (Bélxica) gañando o freestyle de grao II e as probas individuais. Tamén se presentou aos Xogos Ecuestres Mundiais de 2014 en Francia, onde gañou unha medalla de plata e outra de bronce en individual para doma proba de estilo libre de grao II e individual para doma proba do campionato de grao II.
PICTOGRAMAS DE ARASAAC. PREMIO ESPECIAL 2015 OrienTapas
Todos os que contribuíron desde EducAragón en 2007, á difusión e uso deste banco aberto de pictogramas denominado ARASAAC (José Manuel Marcos, David Romero, Sergio Palao), merecen ben o recoñecemento por un traballo único e imprescindible. Felicidades polo galardón do PREMIO ESPECIAL ORIENTAPAS 2015 DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA E TIC.
Noraboa!
SISTEMA DE COMUNICACIÓN PECS
O sistema PECS (Picture Exchange Communication System o, traducido al español: Sistema de comunicación por intercambio de imágenes), é un método interactivo de comunicación que require do intercambio dun símbolo entre un individuo que ten alterada a comunicación e un interlocutor. O símbolo é intercambiado para
Sistema PECS 2ª parte Fonte: María Benavent
- Iniciar unha petición,
- Facer unha elección,
- Proporcionar información,
- Respostar.
Sistema PECS 2ª parte Fonte: María Benavent
25 RECURSOS PARA TRABALLAR A DISLEXIA, ACTIVIDADES E CONCEPTOS
Fonte: EDUCACIÓN 3.0
Exemplos de actividades para traballar a dislexia FONTE: María Benavent
DISLEXIA. Fonte: Psicopedagogía en el desarrollo y la educación
DISLEXIA. "PALABRAS AL VIENTO"
"Palabras al viento" é un documental sobre a dislexia, un trastorno que afecta a máis do 4% da población española, causa de gran parte do fracaso escolar e de algúns problemas no desenvolvemento laboral e persoal.
BÓ NADAL
"A discapacidade non está nas persoas faltas dunha parte do seu corpo, está na mente de moitas que se din sás". Marithe Lozano
................ AT. Á DIVERSIDADE DESDE AS FUNCIÓNS DO PT E AL
Neste artigo, elaborado por D. Manuel Torres, Inspector Xefe de Educación e publicado en EDUGA, o autor fai un repaso sobre o discurso actual da atención á diversidade e unha exposición, apoiada na lexislación vixente, do tratamento da atención á diversidade nos centros educativos da Comunidade Autónoma, aclarando as funcións de PT e AL como profesorado de apoio. Artigo moi clarificador. Grazas.
"La uniformidad es la muerte; la diversidad es la vida" (Mijail A. Bakunin)
OBRADOIRO. ADAPTACIÓN E PRODUCTOS DE APOIO CASEIROS (III)
Natividad García Villazala e María de Pablos Salgado.
OBRADOIRO. ADAPTACIÓN E PRODUCTOS DE APOIO CASEIROS (II)
Natividad García Villazala e María de Pablos Salgado.
OBRADOIRO. ADAPTACIÓNS E PRODUCTOS DE APOIO CASEIROS (I)
Natividad García Villazala e María de Pablos Salgado
OBRADOIRO. ADAPTACIÓN DUN XOGUETE PARA DM. CEAPAT. (III)
ROBERTO GAITÁN y JULIÁN CARABAÑA nos ensinan.
OBRADOIRO. ADAPTACIÓN DUN RATO PARA PROGRAMAS DE BARRIDO. CEAPAT. (I)
Esta fin de semá celebrouse en Vigo o Congreso de TADEGA. Neste vídeo amosarei a explicación paso a paso do proceso de adaptación dun rato, conectándolle un pulsador, para que poda ser utilizado en programas de barrido. Foi impartido nun obradoiro moi interesante, por un profesional do CEAPAT, por iso, traémolo ata aquí por si alguén quere practicar. É moi sinxelo
ROBERTO GAITÁN y JULIÁN CARABAÑA nos ensinan.
CEAPAT. PRODUCTOS DE APOIO ELABORADOS POLOS USUARIOS
Nesta páxina web, CEAPAT ofrece ideas de adaptacións e axudas caseiras elaboradas por persoas con discapacidade ou redes de axuda, ou, por persoas maiores con dificultade para o movemento
TRAILER DOCUMENTAL "Línea de meta". SÍNDROME DE RETT
Josele é un pai que corre maratóns nacionais e internacionais empurrando do carro da súa filla MARÍA, enferma de Síndrome de Rett. O seu obxectivo: cruzar a Liña de Meta e así dar a coñecer a enfermidade de María e a de miles de nenos e nenas que sufren enfermidades pouco frecuentes, sen cura e sen tratamentos efectivos, ante a mirada das multinacionais farmacéuticas e os gobernos, cuios enfernos non son rentables para o "sistema".
FONTE: Liña de Meta
URXENCIAS SANITARIAS E ATENCIÓN EDUCATIVA AO ALUMNADO CON ENFERMIDADE CRÓNICA
Decreto 229/2011 de 7 de decembro polo que se regula a atención á diversidade.
A atención educativa nun contorno inclusivo e normalizado e a aceptación das condicións de saúde como aspectos que acompañan a persoa ao longo da vida, deben ser un obxectivo prioritario. Esta tarefa compételle á totalidade da comunidade educativa.
A atención educativa nun contorno inclusivo e normalizado e a aceptación das condicións de saúde como aspectos que acompañan a persoa ao longo da vida, deben ser un obxectivo prioritario. Esta tarefa compételle á totalidade da comunidade educativa.
A resposta educativa que require o alumnado con enfermidade crónica ou que sofre lesións como resultado dun accidente, durante un período en que non pode asistir ao centro educativo, concrétase na atención educativa hospitalaria e domiciliaria (Decreto 229/2011) garantíndose o retorno ao centro educativo en condicións de normalidade cando as condicións de saúde o permitan. Esta atención educativa terá por finalidade a continuidade do proceso formativo do alumnado que, por prescrición facultativa, debido a enfermidade ou lesión, non poida asistir con regularidade ao centro por un período prolongado de tempo.
A escolarización é un factor importante no desenvolvemento psicomotor, afectivo, cognitivo e social da persoa, especialmente en situacións nas que se ten que facer fronte á enfermidade.
A enfermidade é un dos factores que poden alterar o desenvolvemento ordinario da vida do alumnado. O impacto dunha enfermidade de media ou larga duración pode afectar ao proceso de socialización e formación, chegando incluso a condicionar o logro de aprendizaxes escolares. A escola non pode nin debe permanecer allea a esta realidade da vida diaria de moitos nenos e nenas e do seu contorno.
A escolarización é un factor importante no desenvolvemento psicomotor, afectivo, cognitivo e social da persoa, especialmente en situacións nas que se ten que facer fronte á enfermidade.
A enfermidade é un dos factores que poden alterar o desenvolvemento ordinario da vida do alumnado. O impacto dunha enfermidade de media ou larga duración pode afectar ao proceso de socialización e formación, chegando incluso a condicionar o logro de aprendizaxes escolares. A escola non pode nin debe permanecer allea a esta realidade da vida diaria de moitos nenos e nenas e do seu contorno.
ATENCIÓN AO ALUMNADO DIABÉTICO
É unha das enfermidades crónicas máis frecuentes da infancia.
Maniféstase por niveis de glicosa en sangue elevados, por enriba dos límites normais debido á insuficiente produción ou actuación da insulina.
A diabete, como calquera outra enfermidade crónica na infancia, non ten que ser un
obstáculo para a efectiva inclusión de todo o alumnado na vida escolar e social. A día de
hoxe, os avances médicos na abordaxe da diabete complementados cunha axeitada
educación terapéutica, fan posible a plena integración do alumnado con diabete no
sistema educativo en condición de plena normalidade.
A asistencia á escola de nenos e nenas con patoloxías
específicas fai necesario o desenvolvemento dunha estreita colaboración entre os servizos
sanitarios e a consellería con competencias en materia de educación, nos termos previstos
no Acordo Marco de Colaboración subscrito pola Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria e a Consellería de Sanidade para o Desenvolvemento de
Actuacións Conxuntas de Promoción e Protección da Saúde na Escola.
MATERIAIS ESPECÍFICOS RELACIONADOS COA MANIPULACIÓN
Ao inicio da manipulación do noso alumnado DM, faremos as seguintes valoracións:
Tixeiras
- Amplitude de movementos nos MMSS
- Man que utiliza preferentemente.
- Uso da man non dominante (como apoio, por exemplo).
- Coordinación entre ambas manos (pode coordinalas?).
- Colle un obxecto e sóltao (pode facelo?).
- Desplazar pezas por arrastre (pode?).
- Sinalización: con man pechada, con man aberta, con varios dedos, co dedo índice…
- Tipo de prensión que realiza: esférica, cilíndrica, pinza…
PRENSIÓN DOS ÚTIS DE ESCRITURA
Presión sobre o papel.
Precisa adaptadores para os utis de
escrita.
adaptadores para utis de escrita e pintura
Pode usar equipo informático estándar. Acceso ao teclado e ao ordenador.