PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

ATENCIÓN AO ALUMNADO DIABÉTICO

É unha das enfermidades crónicas máis frecuentes da infancia. 
Maniféstase por niveis de glicosa en sangue elevados, por enriba dos límites normais debido á insuficiente produción ou actuación da insulina.

Addenda Diabete Completo

A diabete, como calquera outra enfermidade crónica na infancia, non ten que ser un obstáculo para a efectiva inclusión de todo o alumnado na vida escolar e social. A día de hoxe, os avances médicos na abordaxe da diabete complementados cunha axeitada educación terapéutica, fan posible a plena integración do alumnado con diabete no sistema educativo en condición de plena normalidade.

A asistencia á escola de nenos e nenas con patoloxías específicas fai necesario o desenvolvemento dunha estreita colaboración entre os servizos sanitarios e a consellería con competencias en materia de educación, nos termos previstos no Acordo Marco de Colaboración subscrito pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Sanidade para o Desenvolvemento de Actuacións Conxuntas de Promoción e Protección da Saúde na Escola

Ningún comentario:

Publicar un comentario