PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

ORIENTACIÓNS RELACIONADAS CO CONTROL E CAMBIOS POSTURAIS


CONTROL POSTURAL. ESTRATEXIAS XERAIS


Para as actividades escolares é importante adoptar unha postura correcta.

O alumnado ten que atoparse nunha situación estable que lle dea seguridade para efectuar as actividades que lle propoñamos. Teremos que ter presente:
                  . O control da cabeza.
                  . O control do tronco.
                  . A posición das pernas.
                  . Os movementos asociados que presente.
Procurar que o alumnado manteña unha postura simétrica.

O alumnado  que presenta deficiente control cefálico é convinte presentarlle as tarefas en plano vertical (tableiro da mesa elevado verticalmente, atril.

Hay que dirixirse ao alumnado  de fronte e á altura dos ollos para evitar a posible hiperextensión do colo que lle faga perder a estabilidade postural.

Se presenta tendencia a ladear a cabeza hacia un lado, é convinte presentarlle os obxectos e as actividades do lado contrario. Coidaremos tamén de sentar  aos compañeiros no lado contrario.

Debemos procurar que o alumno/a utilice ambas mans, debe colocalas sobre a mesa  e utilizar a menos hábil como apoio.
                  













Os xeonllos deben estar flexionados e os pés deben estar apoiados no chan ou nun repousapés (salvo que sexa desaconsellado polo fisioterapeuta).

En ocasións é preciso priorizar a realización dunha tarefa a costa de non manter unha postura correcta procurando que sexa por cortos periodos de tempo.

Para acadar a postura correcta débense realizar adaptacións no mobiliario e/ou usar mobiliario adaptado ás necesidades de control postural.

As adaptacións deben de ser o máis sinxelas posible: sempre que sexa posible faranse sobre o mobiliario escolar estándar.

As adaptacións deben respostar ás necesidades de control postural de cada alumno en particular.
É importante prever as aulas nas que va a traballar e nos espazos onde necesita utilizar o mobiliario

Visita diferentes modelos de MESAS e diferentes modelos de CADEIRAS

Ningún comentario:

Publicar un comentario