PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

BOTELLAS SENSORIAIS PARA A ESTIMULACIÓN

As botellas sensoriais son botellas de plástico, que podemos reciclar e que usamos habitualmente nas nosas casas. Podemos fabricalas de distintos tamaños de 2 litros as grandes; de litro e medio as medianas; e, as pequenas para os máis pequenos de 500 cc.
Podemos enchelas con diferentes obxectos que podan estimular os seus sentidos, espertar a curiosidade do neno e da nena na idade infantil. O máis interesante é que as fabriquemos nos.
Éxito asegurado!


Como se fan?
Unha vez seleccionada, retiramos a etiqueta, enchémola (con auga, botóns, sal de cores, etc.), pegamos a tapa na parte superior con pegamento branco e enriba colocamos cinta adhesiva arredor da tapa para maior seguridade, despois de que o pegamento se secara.

Como as usamos?
Poden ser educativas, temáticas ou simplemente para a diversión. Podemos facelas nós pero tamén podemos contar coa axuda dos cativos xa que podemos utilizar o enchido como un estupendo exercicio de psicomotricidade fina que lles axudará a ir desenvolvendo os músculos que máis adiante servirán para aprender a escribir e a facer a pinza entre os dedos pulgar e índice, así como coordinar os movementos óculo-manuais para que as cousiñas entren polo buraquiño da botella.

Tipos de botellas:

 Botellas para a estimulación visual: 





  • Son de diferentes cores. Farémolo con: auga e colorantes alimenticios. 
  • Líquidos de distinta densidade. Materiais: auga e alcol e colorantes alimenticios.
  • Podemos completalas con purpurina, estreliñas de manualidades etc.







                                    Botellas para a estimulación auditiva
Encherémolas con arroz ou calquera semilla. Podemos mezclalas dentro da mesma botella, incluso de diferentes tamaños. Tamén podemos usar botóns de cores, chinchetas de cores, tuercas, pasta de cores, clips de cores, etc.

                                                                                                                 
                                           Botellas mixtas de estimulación
Mezclamos líquidos con sólidos de diferentes cores, para estimular os diferentes sentidos










FONTES: Mi aula Enclave. Imágenes Educativas. Eugenia Romero

Ningún comentario:

Publicar un comentario