PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

ALGÚN MOBILIARIO ESCOLAR ADAPTADO. MESAS. (II)

1.- As adaptacións deben obedecer ás necesidades de cada alumno. Débese estudar o caso a nivel individual e probar diferentes adaptacións se é necesario.

2.- Deben ser sempre o máis sinxelas posible; a sofisticación non só non é máis útil, senón que agrava a actitude que se adopta hacia a persoa con disfuncionalidade física, ademáis de encarecer o producto.

3.- Hai que seguir controlando a postura que adopta o alumno aínda cando xa se facilitaran as adaptacións pertinentes.

4.- Hai que prever as aulas nas que vai traballar; contando cunha doble adaptación de mobiliario no Centro para evitar ter que trasladar ao alumnado DM xunto coa súa mesa, cadeira, repousapés ou outro moble adaptado.





Taboleiro con escotadura preparado para anclar enriba da mesa ordinaria.

Este taboleiro dispón de anclaxes que permiten a súa fixación aos diferentes modelos de
mesa que se usan nos centros escolares galegos como se pode ver na foto.
 

A este taboleiro tamén se lle pode incorporar un elemento elevable mediante unha bisagra para poder introducir o mando do alumnado que usa cadeiras de rodas eléctrica.


Novas tendencias en Educación Infantil








Ningún comentario:

Publicar un comentario