PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

ÁLEX VA AL HOSPITAL. LECTURAS. ER

Álex va al Hospital

O cómic “Alex vai ao Hospital”, ten como obxectivo transmitir aos nenos, a través dunha forma divertida e ilustrativa, como convivir cunha enfermidade como a Síndrome de Hunter que lles supón realizar visitas ao Hospital para administrarse a medicación.

A Síndrome de Hunter é unha patoloxía minoritaria e pouco coñecida causada pola ausencia dunha encima. A súa consecuencia é unha serie de síntomas e signos tanto internos como externos que implican seguir unha rutina e para o que é importante que os nenos entendan a enfermidade e todo o seu proceso. 

No cómic, Álex leva  audífono, xa que a Síndrome de Hunter pode conlevar unha xordeira.

Trátase de amosar este Síndrome desde un punto de vista positivo, explicando de maneira sinxela e gráfica en que consiste a enfermidade e como, a pesar de ter que ir periodicamente ao hospital para as sesións de tratamento, pódese converter en algo divertido.

FONTE: Escuelas Excepcionales

Ningún comentario:

Publicar un comentario