PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

PANDEMIA. 8 PELÍCULAS PARA PENSAR E APRENDER


Estamos a vivir circunstancias moi especiais confinados nos nosos domicilios. Aproveitemos esta circunstancia para aprender a través de películas cheas de ensinanzas e valores, relacionadas con algún tipo de disfuncionalidade.

XUNTAS E XUNTOS VENCEREMOS!.


1. «Yo antes de ti» (2016)

Lou é unha moza amable e creativa que vive sen un obxectivo claro, traballando de lugar en lugar para financiar á súa familia. O seu novo traballo consiste en coidar a Will  Traynor, un mozo rico que quedou paralítico nun accidente.



2. «Amigos intocables»(2011)  

Driss é un inmigrante dun barrio baixo que non ten respecto por nada nin ninguén e dalgunha forma consegue o traballo de coidador de  Philippe, un millonario que quedou tetrapléxico. Unha extrana parella que se mergulla en miles de aventuras.

3. «La teoría del todo» (2014) 

Narra a relación de Stephen  Hawking e a súa primeira esposa, Jane. Verémolos pasar pola época de estudantes en Cambridge, ao comezo da enfermidade do famoso científico, a creación da súa familia e unha chea de adversidades.

4. «Una razón para vivir» (2017) 

 Robin e Diana son unha parella de namorados. Toda a súa vida cambiará cando el quede paralizado pola  polio. Xuntos deberán atopar unha fórmula para ser felices.


5. «Mi nombre es Sam» (2001)

Sam ten discapacidade intelectual e quere facerse cargo da súa pequena filla. Para isto ten unha prestixiosa avogada que o defenderá ante o Estado e que se irá decatando da pouco do amor incondicional que Sam ten pola súa filla e do determinado que está a loitar por ela.

6. «Forrest Gump» (1994) 

 Forrest  Gump ten unha leve discapacidade intelectual. Será protagonista da guerra de Vietnam grazas á súa tenacidade e bo corazón e sempre terá na súa mente a  Jenny, o gran amor da súa infancia.

7. «De óxido y hueso» (2012) 

Ali ten que facerse cargo do seu fillo Sam, a quen case non coñece. Para isto busca a axuda da súa irmá que os acolle cariñosamente. Alí coñece a  Stephanie, unha  domadora de  orcas que tras o seu encontro, sofre un accidente e perde as pernas. Tempo despois atópanse e Ali fará o posible por axudala na súa recuperación.

8. «Nunca me dejes sola» (2014) 

Kate é unha exitosa pianista. Cuando lle diagnostican ELA contratan a Bec como a súa coidadora, quen a acompañará durante todo o proceso.


Ningún comentario:

Publicar un comentario