PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

NADAL 2019-2020. IDEAS PARA IMPLICAR AOS NENOS E NENAS EXCEPCIONAIS

No Nadal os agasallos non faltan, verdade? Eses momentos de intercambio de agasallos convértense ás veces en momentos delicados para algúns nenos excepcionais.  Por exemplo, as reaccións que poden defraudar a certas persoas que non teñen costume de tratar con estes nenos. Compartimos algunhas situacións que as familias con nenos con diversidade funcional seguro coñecen, e dámosvos algúns trucos.


O NENO NON PODE QUITAR O PAPEL DE AGASALLO SEN AXUDA

Situación: Cando o resto dos nenos da familia precipítanse cara aos agasallos, e ábrenos con entusiasmo, o neno ou nena con dificultades motoras ten impedimentos e pode sentirse un pouco diferente.

Posible solución: Unha persoa axudaralle a abrir os agasallos e organizará que os demáis abran os paquetes un a un, cada un ao seu ritmo.   Se o neno utiliza un  conector ou un comunicador, podemos ter preparada unha mensaxe de agradecemento.

Outra posibilidade : podes preparar un papel de agasallo diferente, e envolvelo por exemplo nun  fular para que o neno poida desenvolvelo facilmente.






O AGASALLO PARECE QUE NON LLE GUSTA
Situación : se o neno ou nena abre o agasallo e, queda de pedra,  ignora o agasallo que lle entregaran, ou goza máis co papel que co contido.... non saques como conclusión que non acertaches co agasallo.
Posible solución :  Relativiza! Que non preste atención non quere dicir que a túa elección de agasallo non sexa boa. Pode ser que teña moitos estímulos. Pode bastar con elixir outro momento máis tranquilo para presentarlle o agasallo.


NON LLE GUSTAN AS SORPRESAS NIN ABRIR OS PAQUETES
Situación:  o neno ou nena, non entende que detrás do papel de agasallo. escóndese un xoguete ou, non quere desfacer o paquete.
Posible solución: Algúns nenos non conseguen xestionar o medo á incerteza ou ao descoñecido. Unha opción é que lle envolvas o agasallo de tal forma que vexa o interior, e así será menos  estresante.
Prepara unha rutina  explicándolle etapa por etapa o proceso de descubrir os agasallos de Nadal.

ESTÁ DEMASIADO SOLICITADO OU EXCITADO?
Situación: hai agasallos por todos os sitios, moita máis xente que de costume, máis ruído, as luces da árbore de Nadal que  parpadean…. É demasiado para un neno que ten diversidade funcional, ou que ten dificultades para relacionarse coa súa contorna con tanto estímulo.

Posible solución: necesita orde. Dálle a posibilidade de organizar os agasallos en torres segundo o tamaño, segundo a quen vaia destinado, a cor…... Prevé unha bolsa de lixo para meter os papeis e que non estean polo chan. E se necesita o seu espazo de tranquilidade, podes prever un pequeno recuncho zen para que se tranquilice e se poida sentir ben.

Outra proposición: leva contigo roupa, obxectos, bonecos ou ferramentas que saibas que lle axudan a  autorregularse


FONTE: Hop Toys

Ningún comentario:

Publicar un comentario