PSICOMOTRICIDADE E MOTRICIDADE

BO NADAL E FELIZ 2020!


5 ª sinfonía de Beethoven, primer movemento!



FONTE: Jean-Louis Bolomey

VÍDEO. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE A TRAVÉS DO BALLET


Crer, persistir e insistir... un deses videos que move o corpo e o corazón! 



FONTE: Livia Leardini 



CINE XUVENIL NADAL

Rory O'Shea was here 

Traducido: BAILO POR DENTRO



'Rory O'Shea Was Here (Inside I'm Dancing)' conta a historia de dous mozos que se enfrontan a máis retos que a maioría da sociedade, pero que grazas a eles aprenderán leccións valiosas acerca da vida e do amor nesta comedia dramática.
Un deles é Michael Connolly, un vinteanerio que sofre parálise cerebral, polo que está condeado a pasar o resto da súa vida sentado nuha cadeira de rodas. Ademáis, moi pouca xente é capaz de entender todas aquelas cousas intelixibles que pronuncia. O outro é Rory, que a pesar de que tampouco pode andar, loitará por acadar a independenza de ambos para vivir sós no seu propio fogar. Siobhan, unha inexperta enfermeira axudaraos nesta empresa inesquecible.


Gabi, una historia verdadera (online)

Gabriela  Brimmer, poetisa e escritora, naceu cunha parálise cerebral que lle impedía calquera tipo de movemento ou expresión, salvo as realizadas co pé esquerdo, que conseguiu adestrar para poder comunicarse  tecleando con el sobre unha máquina de escribir. 
( FILMAFFINITY)




INTOCABLE (online)
O protagonista é un home de clase alta que quedou tetrapléxico a causa dun accidente de parapente. Un bó día contrata como asistente persoal a un inmigrante dun barrio marxinal que acaba de saír do cárcere. Os contrastes entre ambos crean unha película entretida, chea de risos e bos momentos e intencións.










DESENVOLVEMOS O PENSAMIENTO POSITIVO

O pensamento optimista axuda aos nenos a crecer sanamente e a ser máis creativos e independientes no futuro.
A filosofa Elsa Punset, española, propón este proxecto. 



  • É unha técnica ideal para facer na CLASE. Prepara un frasco de cristal grande que será o frasco da felicidade. Podes escribilo con  rotulador ou colocar unha etiqueta impresa en papel transparente e colocalo nun lugar visible da clase.
  • Cada día, un alumno terá que escribir o mellor que lle pasou o día anterior e apuntalo nun papel. Poden ser cousas sinxelas. Unha palabra amable, un sorriso ou un exame que saíu mellor do esperado… Ao escribilo, gravarase no cerebro aínda que non nos deamos conta. Dóbrase o papel e introdúcese no frasco.
  • Ao final de cada trimestre, aproximadamente, ou ben cando o frasco xa estea cheo ou cando necesitemos un pouco de ánimo e boas vibracións en clase, sácanse os papeis e lense todas as mensaxes positivas en clase reflexionando sobre cada un deles.

FONTE: Imágenes educativas


2019. LECTURAS PARA AGASALLAR EN NADAL III


A acondroplasia é un trastorno xenético que afecta o crecemento dalgúns ósos do noso corpo. Os ósos máis longos do esqueleto non crecen todo o que deben, así que as persoas con esta discapacidade son máis baixiñas. Os nenos con  acondroplasia só necesitan algún coidado específico e unha alimentación especial, pero a súa vida é igual á túa. Está repleta de ilusións e esperanzas. Neste conto coñecerás a Pablo, un neno intelixente e divertido que che asombrará polas súas moitas capacidades.

FONTE: Funcación ONCE

    
     + de 5 anos 
Un libro de talentos que recolle microhistorias onde o noso alumnado pódese identificar perfectamente.
Estes super heroes e súper heroínas son nenos e nenas coma os que enchen as nosas aulas, capaces de realizar grandes proezas no seu día a día. Todos teñen un talento especial, nós tan só temos que axudalos a descubrilo para que se sinta orgulloso do seu don e poda sacarlle o máximo proveito.

AUTORA: Susana Isern. ILUSTRADORA: Rocío Bonilla. Ed. Flamboyant


A lectura deste álbum ilustrado permite que os peques empecen a formarse unha mentalidade crítica, distanciándose do  aborregamento do grupo. Está ben non axudar a alguén só porque ninguén axuda? É correcto non deixar xogar a unha nena ao fútbol? Debemos facer canalladas só porque as demais fanas?

Este amigo de intercambio, moi molesto ao principio, actúa como a conciencia do protagonista. Con tantas preguntas pon en evidencia a falta de lóxica no seu  comportamento e faille enfrontarse á realidade das súas accións e omisións. Sen ningunha dúbida, é un fantástico álbum ilustrado para traballar a intelixencia emocional dos noso alumnado e falarlles de empatía pero, sobre todo, de responsabilidade e comportamento ético.


AUTORA: ROCÍO Bonilla. Ed Beascoa

2019. LECTURAS PARA AGASALLAR EN NADAL II



 Mimi é un conto dirixido a nenos pequenos que teñen ou acaban de ter un  irmanciño/a con graves discapacidades. Tenta ilustrar a situación do nacemento dun neno/a con discapacidade desde a mirada do irmán. Con debuxos sinxelos pretende animalos a expresar o que poden sentir e vivir nesta difícil situación familiar: desconcerto, malestar, vergoña e rabia son algúns dos sentimentos que adoitan expresar os nenos de pouca idade cando falan da súa convivencia cun irmán/a con grave discapacidade.

 A partir de 6 anos
Cando naceu a miña irmanciña  Beatriz, a miña familia agrandouse e convertémonos en seis, ou sete, se contamos o cromosoma de máis co que ela naceu. Desde ese momento tivemos que coidala coma se fose unha  bomboneira de cristal. Aínda así, sen ela, a nosa casa non sería a mesma.

 A partir de 10 anos
"Chámome  Blo. Teño Síndrome de Down, unha noiva, moitos amigos e un disco favorito". A normalidade e a integración son os acenos de identidade das tiras cómicas e desenfadadas deste libro. En palabras dos seus autores: "Quen ten un familiar con  Sindrome de Down ten anécdotas  súper divertidas. A nosa intención é contalas desde o súa  punto de vista, cunha maneira moi simple de ver as cousas".

 6-11 anos
Desde hai varios meses vou a unha escola de superheroes. Alí todos temos  superpoderes, e a señorita  Merche ensínanos a utilizalos. Así empeza este sorprendente álbum no que coñeceremos a  Susi, capaz de lanzar patadas a distancia; Andrea, que pode viaxar sen moverse da súa cadeira; Johnny, con visión nocturna; ou  Darius, capaz de parar o tempo.
  A partir de 3 anos
A vaca Macarena non se sinte especial. Non sabe montar en bicicleta, nin facer equilibrio como as outras vacas. Pero un día queda dunha peza ao descubrir algo extraordinario... PUXO UN OVO! A cría que nace do ovo, é realmente filla de Macarena? No cortello, todos  cuchichean e queren saber a verdade...




A partir de 5 anos
Os cadrados miraban aos triángulos de esguello ata que un terremoto puxo todo patas para arriba e os triángulos idearon un plan de reconstrución en unión cos cadrados. Así naceron os  trapecios, os  rombos, os  pentágonos, os  hexágonos... Nun radio de poucos quilómetros vivían os círculos. Pronto naceu a amizade. E coa amizade chegaron arcos, bóvedas, cúpulas. Un conto sobre a convivencia, a diversidade e a amizade.